Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

EN RIOMAIOR ESTANSE A CONSTRUIR BEIRARRÚAS QUE DESFÁN AO DÍA SEGUINTE
Reforma da N-554: como as galiñas, facer hoxe desfacer mañán

A deputada do BNG Olaia Fernández Davila atendeu onte as demandas veciñais ... (20/02/10)

SE O TEU VEHÍCULO SUFRIU DESPERFECTOS A CAUSA DAS OBRAS NA N-554, DESCARGA AQUÍ O NOSO MODELO DE RECLAMACIÓN
infobloque-vilaboa.com | 25/02/10 | (0)

Non hai día que as obras de reforma da estrada N-554 ofreza unha homenaxe á chapuza e a improvisación, onde os enxeñeiros e técnicos do Ministerio de Fomento estanse "cubrindo de gloria". Nesta ocasión o turno chegoulle á zona de Riomaior en Sta Cristina de Cobres, onde as beirarrúas que se comenzaron a construir estes días hoxe foron desmontadas. O lamentable desta situación é que esta maneira de proceder é unha constante ao longo do ano e medio que levamos de obras.

A xuizo da voceira nacionalista, Ornela Fernández Salgado, "o método constructivo que aplica Fomento nesta estrada, ao que nós xa lle chamamos "método galiña de Fomento", porque o que fan co pico, desfanno coas patas, é froito de algo que nós denunciamos dende un principio; o proxecto non se axustaba á realidade topográfica pola que discurría, e os técnicos que o redactaron, confundiron Vilaboa cunha vila de Castela onde todo é chan. Advertimos ata a saciedade que ducias de accesos a lugares e vivendas ían quedar illadas".

"Nese punto kilométrico ao que nos referimos, o PK 5+550, xa alegamos no seu momento que as cotas de nivel da nova estrada aumentaban excesivamente, eliminando o acceso ao barrio do Muiño e a uns locais comerciais. Fomento modificou o proxecto "debuxando" un acceso pero sen variar as cotas, e unha vez que se empezan a realizar as obras danse conta da chapuza que están cometendo", declaoru Salgado.

Para a voceira nacionalista este non é o único caso de desfeita no últimos días xa que no PK 4+750, na explanación de terra para a construcción dunha rotonda soterraron a saída á estrada dun camiño coñecido como "Lamela" que comunica o vial co barrio de Barciela. Salgado pediulle ao Ministerio de Fomento sentido común, que se detecten os problemas e que se teñan previstas solucións, en vez de imporvisar sobre a marcha, algo que nos indigna a todos, sobre todo aos afectados directos, onde para uns se usan uns criteiros, e para outros uns distintos.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.