voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ORNELA F. SALGADO ENTENDE QUE SE EXECUTARON AS OBRAS EN TERREOS PARTICULARES

O BNG de Vilaboa oponse ao pago dun muro nas Salinas

(infobloque-vilaboa.com 23/10/08) Na comisión de Facenda de hoxe no Concello de Vilaboa, Ornela Fernández exporá a posición contraria do BNG ao pago de máis de 27.000 euros pola realización dun muro nunha propiedade particular nas Salinas de Vilaboa. A entender do grupo municipal do BNG as obras teñen un fortísimo impacto visual nunha zona  de alto valor ambiental na que a Dirección Xeral de Costas estaba a realizar unha actuación modélica.

Esta actuación nas Salinas fora comprometida e aprobada na época do alcalde nacionalista Xabier Míguez e agora coa realización desta obra fóra do proxecto o actual alcalde demostra que non ten a sensibilidade ambiental suficiente para "deixar as cousas como se proxectaran no seu momento", dixo a voceira nacionalista. O muro ten unha altura de máis de dous metros e está realizado en granito do Porriño gris aserrado. Ten un impacto brutal na zona dado que se  pode ver desde calquera parte dos paseos das Salinas


Tanto polo seu acabado como pola súa falta de planificación o muro pode calificarse de completa "chapuza" no medio dunha actuación salientable, que ademais está a ter un grande respaldo social como demostra o seu uso como lugar de paseo e ocio por parte de moítisima xente que disfruta do lugar tanto en días de diario como fins de semana.


O BNG alertou tamén aos servizos de Intervención do Concello de Vilaboa sobre este pago irregular que se pretende facer, pois entende que é unha propiedade particular. A este respecto Ornela Fernández dixo que o Concello pode facer muros de contención de pistas e propiedades municipais, pero "non pode facer muros de cierre de propiedades particulares porque iso non é dominio público".


O BNG de Vilaboa tamén critica a actuación da Xefatura Provincial de Costas ao tolerar estas obras que estarían dentro da servidume de tránsito a que obriga a lei de Costas e que comprenden desde o límite da auga ata seis metros en terra firme. "E inexplicable que Costas faga a vista gorda con estas obras" dixo Ornela Fernández e o BNG tratará de que respondan da súa actuación no Parlamento do Estado por ser esta unha competencia estatal.

NOTICIAS RELACIONADAS

(16/07/08) O goberno indica a Davila "o seu dispor a analizar" a demanda do BNG para que se habiliten as Salinas de Vilaboa como piscinas naturais

PREGUNTA DA DEPUTADA OLAIA F. DAVILA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS

comentarios recibidos (4)

4. Enviado por: xalopa, 2008-11-02 11:43:28 PST

  Darlle caña os do P.S.O.E. porque son peores co P.P.. E si alguns teñen as cousas claras sodes vos.
Xa se vio nos presupostos do concello

3. Enviado por: barrenas, 2008-10-25 14:35:22 PDT

  ¿quen pagou o muro que vai desde a carretera das salinas hasta a galegoescola?

2. Enviado por: Eva, 2008-10-25 04:36:38 PDT

  Cacicada en toda regra, unha vergoña para o PSOE, e este é o alcalde que se gaba de tratar aa todolos veciños igual. Ademais ese muro queda fatal, quedoulles a cabeciña descansada. Que non conten comigo para nada máis.

1. Enviado por: Marcos, 2008-10-24 12:30:12 PDT

 Esto é velocidade de reacción. Coa rápida reacción do Bloque tanto neste asunto, como no da ampliación da zona de afección do cuartel, demóstrase a necesidade de ter unha forza con voz propia no Congreso do Estado. xa o diciamos hai anos. se dous diputados logran que nos sintamos representados en Madrid, qué non farian 4 ou 6?. e outra cousa .
cantos teñen o Psoe e o Pp?.
a que se dedican?
podemos sentirnos satisfeitos co que fan?

Saen elexidos representando a Galiza.
eu digo que non nos representan.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos