voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O BNG PRESENTA UNHA ALEGACIÓN Á APROBACIÓN DUNHA MODIFICACÍÓN DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO

Ornela F. Salgado sostén que o concello non pode pagar o muro das Salinas

(infobloque-vilaboa.com 19/11/08) A voceira nacionalista manifestou hoxe que o grupo municipal do BNG presentará unha alegación para que se retire a modificación de crédito ref. 21/08 do Orzamento Xeral, na modalidade de crédito extraordinario, publicado no BOP (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) o 7 de novembro, e actualmente sometido a información pública, e amparándose no art. 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

Dentro da partida de gastos do crédito extraordinario contémplase a partida 60101, na cal se prevé a construcción dun muro no lugar das Salinas, por valor de 27.874,00 euros. Este gasto ten unha serie de irregularidades:

1. A obra refírese á construcción dun muro de peche dunha propiedade privada e non de dominio público, e por tanto estase facendo un pago irregular por parte do Concello.

2. Está situada en zona de servidume de tránsito e non cumpre coa Lexislación vixente de Costas de distar 6 metros desde o límite interior do mar (art.27 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas).

3. O muro está situado nunha zona de alto valor ambiental, e a súa presencia supón un forte impacto visual e paisaxístico.

Ante tal cúmulo de irregularidades a voceira nacionalista pediu que se retire esta proposta da orde do día.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

(23/10/08) O BNG de Vilaboa oponse ao pago dun muro nas Salinas

(16/07/08) O goberno indica a Davila "o seu dispor a analizar" a demanda do BNG para que se habiliten as Salinas de Vilaboa como piscinas naturais

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos