Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

SALGADO DI QUE DEBE DAR AS EXPLICACIÓNS QUE DEMANDAN OS VECIÑOS
Poceiro négase a decir quen pagou o muro das Salinas

Salgado esíxelle a Poceiro que clarexe quen pagou o muro das Salinas (02/06/10)

infobloque-vilaboa.com | 01/07/10 | (0)

O alcalde de Vilaboa negouse a dar explicacións sobre o pago do muro das Salinas, valorado polo BNG inicialmente en 27.000 euros, pero que puido chegar aos 36.000, pola ampliación pola senda adoquinada, no prevista ao comezo das obras.

O BNG vén demandando información desde que tivo coñecemento de que era o Concello o que ía asumir o custe das obras. En diversos Plenos municipais e no Congreso está tratando de aclarar a situación dese muro que é rexeitado unanimemente pola poboación de Vilaboa que non entende como se puido facer semellante obra nunha contorna protexida como é As Salinas. Ademais, o tal muro non estaba en absoluto previsto no proxecto de rehabilitación das Salinas.

No Congreso, a pregunta da deputada Olaia Fernández, o Ministerio de Medio Ambiente, do que depende a Dirección Xeral de Costas, respondeu que as obras do muro eran responsabilidade do Concello de Vilaboa. No Pleno do Concello, celebrado o 30 de xuño de 2010, Luis Poceiro contestou, a preguntas do BNG, que o muro definitivamente no fora pagado polo concello, pero non contestou quen o pagara, o valor das obras e nin as condicións do acordo acadado co anónimo pagador.

Diante desta situación Ornela Fernández afirmou que neste tema “estase a demostrar un déficit democrático” posto que “a cidadanía ten dereito a saber”, sobre todo “nun tema de grande sensibilidade social coma este”. Fernández considerou que “o alcalde debe dar explicacións porque os veciños e veciñas teñen dereito a saber en que se gastan os seus cartos, que non poden ser malgastos sen control ningún”. Debido á negativa do alcalde, o BNG volverá a preguntar no Congreso dos Deputados por este asunto.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.