A BROZA IMPIDE QUE POIDAN APARCAR AS OPERARIAS DA FÁBRICA DE CONNORSA
Fernández Salgado pede que se desbroce o muelle de Acuña

infobloque-vilaboa.com, 21/07/09. Ornela Fdez. Salgado, voceira municipal do BNG, remitirá un escrito ao Concello de Vilaboa no que lle solicitará o acondicionamento do aterrado do muelle de Acuña, que na actualidade atópase prácticamente cuberto de maleza e no que so queda libre un estreito paso central.
No aterrado hai mesas para que os excrusionistas poidan comer e estas atópanse completamente cubertas pola maleza. Este lugar, ademais, fai a función de aparcadoiro das operarias da fábrica de conservas próxima e que nestes momentos teñen verdadeiras dificultades para utilizalo, dado o avance da broza desde as beiras do recheo hacia o centro.
Aínda que a zona é de dominio público marítimo-terreste a Lei de Costas no seu capítulo III indica entre outras, que serán do Concello as competencias referidas ao mantemento e limpeza das praias e lugares de uso público da costa.

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|