voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de VilaboaOpina con nós


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

O BNG presenta mocións para que o Concello demande da Deputación o arranxo das pistas provinciais de Bértola e Figueirido

(infobloque-vilaboa.com 15/06/08) O BNG de Vilaboa ven de presentar no rexistro do Concello varias mocións que se debatirán no pleno do día 25 deste mes para instar ao goberno do PSOE a que demande da Deputación Provincial o arranxo das estradas provinciais que transcurren polas parroquias de Bértola de Figueirido. A través do concelleiro Tomás Boullosa, o BNG demanda que despois de cinco anos de goberno socialista, o concello non fixo prácticamente nada por mellorar a situación destes viais que se van deteriorando paulatinamete co paso do tempo.

Recentemente comenzou o arranxo da estrada de Bértola a Figueirido. O BNG na lexislatura anterior e por medio dos concelleiros Manuel Acuña e Xosé Lois Portabales solicitou que esta obra contemplase a construcción de beirarrúas ao igual que no temo munciplal de Pontevedra. O actual grupo municipal entende que a construcción dun paseo a beira da estrada en zahorra e con árbores encaixaría moito mellor no medio rural, cun impacto ambiental cero e tería un custo moito máis reducido.

A estrada que vai de Figueirido a Vilaboa polos lugares de Borrateiros e o Pazo atópase nun estado de deterioro moi avanzado na parroquia de Figueirido ademáis de carecer de beirarrúas. Recentemente houbo queixas dos veciños polo perigo que esta estrada conleva. Esta estrada é a única opción para acceder a estes lugars, e conta con curvas pechadas e de pouca visibilidade, sendo un perigo a maiores para os nenos que teñen que usala para coller o autobús escolar ou para os veciños que non teñen escapatoria cando pasa dito autobús. Como outras estradas da parroquia serve para vertebrala unindo distintos lugares da mesma, así pois son moitos os veciños que a usan. É imprescindible o seu amaño antes de que ocorra unha desgracia e polo tanto o BNG demanda que o Concello de Vilaboa habilite nesta estrada cando menos beiravías nos tramos que non o teñen e que se estudie unha actuación global habilitando unha senda peonil.

Por outra banda a vella estrada que une a N-550 con Castiñeiras máis coñecida como “a do cuartel”, é una das moitas do concello que cada día está en pior estado. Esta estrada ten moito tráfico de vehículos por mor da Brilat e da afluencia ao parque da lagoa de Castiñeiras, ademáis de dar servizo ao veciños de Postemirón e Figueirido, rexistrando nestas poboacións un gran tránsito peonil. Unha curiosidade desta estrada é que foi construida polos presos que cumpriron condea durante a guerra civil no cuartel, quizais por esta razón ou polo desinterese das distintas administración ainda hoxe non ten nengunha titularidade pública. Os nacionalistas demandamos que o Concello de Vilaboa se dirixira á Deputación Provincial de Pontevedra para solicitar que asuma a titularidade desta estrada, pois hai ben pouco o seu presidente manifestou que non tería inconvinte en asumir a súa titularidade. En dita solicitude farase constar que a estrada precisa unha revisión do firme e a construcción dunha senda peonil paralela ou no seu caso beirarrúas no núcleo de Postemirón e no tramo que une Balteiro co recinto das festas e o campo de fútbol de Figueirido.

Mocións presentadas polo BNG de Vilaboa

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos