Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
A recollida de sinaturas empezara en Sobreira o pasado 3 de agosto
Preto de 200 veciños apoian a moción do BNG polo arranxo da estrada de Sobreira
(infobloque-vilaboa.com 26/08/08)O pasado día 3 de agosto o BNG de Vilaboa comezou unha campaña para solicitar o arranxo da estrada de Sobreira – Pazos. Os nacionalistas propuxeron aos veciños congregados no lugar de Sobreira a asinatura dun convenio por parte do concello coa Consellería de Política Territorial para darlle unha solución urxente e axeitada á mellora da estrada.
Días despois, a voceira do BNG, Ornela F. Salgado presentou unha moción para o seu debate e aprobación no próximo pleno do 27 de agosto, solicintando a firma de dito convenio por parte do Concello coa Consellería.
Despois de dúas semanas de campaña, na que os propios veciños se comprometeron a recoller as sinaturas de todos aqueles que non estiveron presentes na xuntanza celebrada, e tamén dos usuarios de dita estrada, preto de 200 persoas apoian coa súa sinatura a moción proposta polo grupo municipal do BNG.
O BNG demanda que despois de cinco anos de goberno socialista, o concello non fixo prácticamente nada por mellorar a situación deste vial. Hai que recordar que esta estrada é moi transitada, xa que, debido á súa conexión coa N-554, é usada por moitos veciños de Marín para acudir ao seu traballo na comarca de Vigo. Ademáis durante os fins de semana esta estrada tamén é moi usada polos que acceden á área recreativa do lago de Castiñeiras.