voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O PARTIDO POPULAR REXEITOU PARTICIPAR NO DEBATE E NA VOTACIÓN DA MOCIÓN

O concello eliminará os símbolos franquistas en Vilaboa a petición do BNG

(infobloque-vilaboa.com 03/11/08) O concello de Vilaboa aplicará a Lei da Memória Histórica no que se refere á retirada de símbolos franquistas, e que se traducirá na eliminación de simboloxía falanxista existente en varias fontes e lavadoiros das distintas parroquias de Vilaboa. Así o acordou o pleno da corporación tras o debate da moción presentada polo BNG o pasado 29 de outubro.

O concelleiro nacionalista Tomás Boullosa manifestou na exposición de motivos que transcorridos xa 30

anos de democrácia é hora de que se retiren os símbolos que fan apoloxía do fascismo e da represión. Manifestou Boullosa que estes símbolos teñen a importancia según cadaquén lla queira dar e que sería unha honra que fose esta corporación a que rematara cos símbolos que representaron para moitos veciños represión por defender a democrácia e loitar contra a dictadura.

Tomás Boullosa fixo mención ás fontes e lavadoiros de Borrateiros, Postemirón, Rialiña, Cortiñas, Nores e Laredo como os espazos públicos onde perviven aínda os símbolos falanxistas.

A sorpresa chegou no turno de palabra do Partido Popular, no que o seu voceiro Carlos Fdez. afirmou que o seu partido non ía participar no debate nen na votación argumentando que "non ían facer xuizos á historia, que non lle correspondía nin estaban preparados para elo". Fixo fincapé en que o Partido Popular en que " do pasado solo hai que aprender dos erros".

A moción saíu adiante cos votos de nacionalistas e socialistas. Tomás Boullosa declarou ao remate do pleno a súa perplexidade pola reticencia do PP a participar nun debate que do que se trata é de aplicar a lei vixente e reparar simbólicamente a todos aqueles de foron represaliados polo fascismo e máis cando o propio Partido Popular de Galicia ven de condealo hai poucas semáns no Parlamento de Galicia.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

MOCIÓN PRESENTADA NO CONCELLO DE VILABOA

NOTICIAS RELACIONADAS

(08/10/08) Tomás Boullosa esixirá ao goberno local o cumprimento da Lei de Memoria Histórica

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Democrático, 2008-11-04 07:36:54 PST

Algúns tiñan que cangar co xugo para estar ben identificados e haber se a parálise non deixa pasar outro ano sen quitar estes símbolos do noso concello. Estes días volveron os fillos do Foucellas a súa terra, menos mal que non son de Vilaboa.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos