voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

XABIER MÍGUEZ ESIXE QUE O CONCELLO RECLAME OS GASTOS DA REPARACIÓN AO MINISTERIO DE FOMENTO, CAUSANTE DOS FEITOS

O BNG demanda do concello a reparación inmediata do lavadoiro de Xogo da Pía

(infobloque-vilaboa.com 11/10/08) O lavadoiro do Xogo da Pía é un ben inventariado municipal situado en Paredes, parroquia de Vilaboa. Foi gravemente deteriorado polo Ministerio de Fomento cando realizou o cambio da conexión da pista das Salinas coa N-550. Daquela, Fomento derrubou o tellado e o Concello de Vilaboa, nunha clara deixación de funcións, permitiu que fose reparado como o ministerio quixo. Nin sequera esixiu o cumprimento da lexislación urbanística galega para que empregase na repación elementos tradicionais como a pedra en lugar de columnas de formigón.

Sen embargo, o máis grave veu despois e agora padécense as consecuencias: o lavadoiro perdeu a auga e, polo tanto, hoxe é un elemento completamente inútil que non cumpre ningunha función. Ademais, o lavadoiro tamén tiña un uso tradicional como pozo de rega, que era utilizado polos propietarios das veigas alí existentes que actualmente non poden traballalas porque lles falta a auga para os cultivos.

No último ano agrícola e debido ao aumento dos prezos agrícolas dalgúns cultivos como os cereais ou hortalizas, houbo un perceptible aumento da supercie cultivada no noso concello. Desde o BNG consideramos que isto ten unhas positivas consecuencias económicas e ambientais, e cremos que o Concello debe velar polo mantemento das infraestruturas agricolas como camiños e regos que forman parte do dominio público. Neste caso, os veciños e veciñas de Paredes non poden facer uso do lavadoiro e pozo de rega pola neglixencia do Concello, que non actuou con dilixencia no mantemento e conservación dun ben público.

Por todo elo, a voceira nacionalista Ornela F. Salgado e o concelleiro Xabier Míguez asinarán unha moción a debater no próximo pleno ordinario na que solicitan:

Primeiro. O Concello de Vilaboa reparará con carácter inmediato o lavadoiro do Xogo da Pía, solucionando a perda de auga que sufriu.

Segundo. O Concello de Vilaboa reclamará os gastos ocasionados ao Ministerio de Fomento como causante do feito.

comentarios recibidos (1)

Enviado por: Limiar, 2008-10-11 02:48:25 PDT

1. Gaste o PSOE millóns de euros en facer a Expo da auga e deixe sen regar as nosas veigas.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos