voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

A CONSTRUCCIÓN CUNHA CUBERTA DE ESTRUCTURA METÁLICA PRESENTA UN ESTADO PEPLORABLE

Tomás Boullosa demanda o arranxo do lavadoiro do Campo de Pedrouzo en Bértola

(infobloque-vilaboa.com 12/11/08) O concelleiro Tomás Boullosa presentará unha moción para que se debata no vindeiro pleno municipal do mércores 26, demandando a mellora do lavadoiro do Campo de Pedrouzo na parroquia de Bértola.

A obsoleta instalación existente conta cunha cuberta de estructura metálica que presenta un estado deplorable. Na moción o concelleiro nacionalista solicitará unha remodelación en profundidade da instalación cambiando a actual cuberta por unha máis acorde co entorno utilizando preferentemente materiais tradicionais, como a madeira e tella común para a cuberta. Instará a trocar os piares metálicos por outros de granito así como acometer o enfoscado dos muros. Así mesmo demandará a contrucción dun valado de protección no lateral de pista empregando na medida do posible materiais tradicionais das construccións rurais de sempre.

O concelleiro xustificou esta moción en base a que" o concello debe dar exemplo á hora de eliminar o feismo urbanístico, e adecuar as súas instalacións á Lei do Solo de Galiza e de mellora do Medio Rural".

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (4)

4. Enviado por: salseiros, 2008-11-13 12:32:49 PST

 Moitas Grazas Saúdos!!

3. Enviado por: administador, 2008-11-12 09:56:42 PST

Damos conta do recado.

2. Enviado por: salseiros, 2008-11-13 05:50:20 PST

Proposta moi interesante pola que se debe agradecer o Bng.
Haber cando se pide que retiren a canasta oxidada que caeu no campo das festas de Bértola, é a sustitución da que queda en pe, que está en estado perigoso.
Saúdos!!!

1. Enviado por: Vimbio, 2008-11-12 09:56:42 PST

Mandádelle esa foto á Voz para que a publiquen na súa sección do feismo. Parabéns ao fotógrafo.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos