Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O PARTIDO POPULAR PRETÉNDEO DEROGAR PARA CONFORMAR A GRUPOS RADICAIS CONTRA O GALEGO
Salgado pide que o Pleno Municipal apoie o Decreto do Galego no ensino

 

infobloque-vilaboa.com, 22/04/09. Ornela Fdez. Salgado ven de rexistrar estes días no Concello unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro mércores 29, e na que se pedirá un pronunciamento da corporación muncipal para que o novo goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia non derogue o Decreto do Galego no ensino.

Salgado argumenta no texto da moción que a lingua constitúe un elemento básico de indentidade e patrimonio cultural que nos caracteriza como un pobo diferenciado e representa un valor fundamental de cohesión do noso país e que, como tal, debe ser obxecto de especial respecto e protección. O Estatuto de Autonomía de Galiza define o galego como lingua propia de Galiza, que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galiza e que todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Ademáis, establece que os

poderes públicos de Galiza potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e que disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. En xuño de 1983 aprobouse a Lei de Normalización Lingüística, a cal garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galiza e asegura a normalización do galego en todos os ámbitos da sociedade. Neste sentido, en setembro do 2004, o Parlamento de Galiza aprobou, por unanimidade dos seus membros, o Plan xeral de normalización da lingua galega, o cal establece como un dos seus obxectivos conseguir máis funcións sociais e máis espazos de uso para a nosa lingua propia.

O Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo ten como obxetivo conseguir este fin, a través da implantación dun regulamento do galego que facilite e promocione o seu emprego no ensino non universitario, asegurando un mínimo do 50% do ensino en galego.


Estes días, o futuro Presidente da Xunta de Galiza, o Sr. Nuñez Feijoó, ven de confirmar a promesa electoral do Partido Popular de derogar o decreto do uso do galego no ensino, unha vez constituída a próxima Xunta. Con esta medida, consideramos que o único que está facendo o Partido Popular é darlle a razón aos diferentes e reducidos grupos sociais e de poder que, desde a entrada en vigor deste decreto, iniciaron unha campaña de desprezo  contra a nosa lingua, historia, pasado e riqueza cultural baseándose na recurrente falacia da “imposición do galego”.


A situación actual do galego está moi lonxe de ser así, e a sociedade galega sabe que esta non é a realidade do noso idioma. Así, o Consello de Europa advertiu nun informe, a finais de 2008, que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre os dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o ensino, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación, recomendando a inmersión lingüística como mecanismo para acadar a igualdade entre ambos idiomas. Tamén, a Real Academia Galega publicou un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en galego.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Moción presentada

NOTICIAS RELACIONADAS

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.