voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ASI MESMO SOLICITARA O ARRANXO DAS CANASTAS DO CAMPO DA FESTA DE BÉRTOLA

Tomás Boullosa pide un plan de protección do miliario da Cañoteira

(infobloque-vilaboa.com 16/11/08) O concelleiro delegado de Cultura e Deportes do BNG Tomás Boullosa solicitará esta semana que o Concelo de Vilaboa adopte un plan de protección do miliario situado á beira da estrada N-550 na Cañoteira preto da encrucillada desta estrada coa N-554.

Este elemento da arquitectura tradicional tiña a función se sinalar o ponto quilométrico das antigas vías de comunicación. Ademáis este en particular ten un reloxo de sol aínda que lle faltan algúns elementos.

Boullosa demanda que o Concello deseñe un plan de protección xa que a ubicación, á beira dunha estrada fai que corra grandes riscos de sofrir a envestida dalgún vehículo. No miliario xa se poden observar desperfectos producidos por carecer de protección e de sinalización. Ademáis pedirá que se inclúa dentro de inventario de patrimonio histórico-artístico no caso de que non figure.

CANASTAS DO CAMPO DAS FESTAS DE BÉRTOLA

Recollendo as queixas presentadas nesta web por veciños da parroquia de Bértola na que se queixaban do estado das canastas que hai no campo das festas, Boullosa solicitará que a Concellería de Deportes faga unha mellora nas instalacións existentes.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: salseiros, 2008-11-16 10:54:42 PST

Menos mal que os do Bloque vos interesades polo pasa en Bértola
Seguide asi!!!Un Saúdo!!

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos