Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Continúan os problemas na atención médica en Cobres ante a pasividade do goberno do PSOE
(infobloque-vilaboa.com 20/04/08) Desde o pasado mércores, o consultorio de Santa Cristina de Cobres está desprovisto da atención médica, debido a que a facultativa que consulta nel está ausente e non se cubriu a súa ausencia con un substituto. Segundo a información dada desde o Centro Médico do Toural esta situación vaise prolongar o resto da semana, ata o próximo luns.
Con esta situación, os veciños das parroquias de Cobres vénse obrigados, cando piden cita, a ter unha espera de máis de cinco días para poder acudir á consulta médica, así como para a expedición de receitas.
Imaxe do local do consultorio en Cobres
Esta non é a primeira vez que ocorre algo similar, xa que como se ven manifestando desde fai uns meses no Consultorio de Cobres o servizo ofertado é deficiente. O horario non é suficiente, porque só hai atención médica dúas horas, e cando hai ausencia da médica non se cubre, o que provoca, posteriormente, o aumento do retraso e a saturación nas citas e consultas.
Cando non hai dispoñibilidade de substitutos, o SERGAS debería tomar medidas para que non se dea esta situación. O Centro Médico do Toural conta con catro facultativos. O correcto sería que cando algún dos médicos falta, o resto da plantilla se reorganizase para cubrir a súa consulta, de tal maneira que os pacientes non quedasen sen o servizo médico.
Por último, recordar que o Xerente de Atención Primaria de Pontevedra comprometeuse, na xuntanza tida o xoves pasado con representantes da Plataforma de Atención Médica en Cobres, a que iba haber melloras de horarios no consultorio de Cobres.
Cabe destacar a pasibidade do goberno local de Vilaboa, que diante destes acontecementos que se veñen producindo desde hai tempo, da unha mostra da súa incapacidade na xestión dos problemas que afectan aos nosos veciños e veciñas.