Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
As deficiencias da asistencia sanitaria na parroquia de Cobres chega á Cámara Galega da man do BNG
A deputada nacionalista Modesta Riobó demandou hoxe no Parlamento Galego adecuar aínda máis a asistencia sanitaria no consultorio de Cobres
(infobloque-vilaboa.com 11/09/08)A deputada do g.p do BNG Modesta Riobó valorou os traballos de mellora realizados dende a Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra no concello de Vilaboa, mais advertiu que é preciso máis diálogo cos veciños para adecuar aínda máis os recursos humanos ás necesidades do consultorio de Cobres.
A deputada nacionalista recoñeceu, tal e como expuxo o secretario xeral do Sergas, Cayetano Rodríguez, que os veciños deste concello poden optar polo centro de Vilaboa ou polo consultorio de Santa Cristina, mais lembrou que se está a falar dun número importante de poboación envellecida, o que sumado á dispersión e ás dificultades para trasladarse fai indispensábel adecuar ou crear un novo consultorio que reúna todas as condicións para ofrecer a sanidade pública e de proximidade que os veciños requiren, o que pasa pola xornada completa, tal e como demandan os afectados.
A parlamentar, que defendeu hoxe en comisión unha iniciativa do BNG sobre este asunto, explicou que se está a falar dun concello que ten máis de 6.000 habitantes, dos que case a metade: 2703 pertencen ás parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres, onde dende hai algún tempo existe preocupación pola asistencia sanitaria da que dispoñen.
Froito desta preocupación, recordou a deputada, xurdiu a Plataforma de Atención Médica en Cobres, formada polas asociacións de veciños de San Adrián e Santa Cristina, as súas respeitivas comunidades de montes e os grupos municipais do BNG, PSdeG e PP, que puxeron de manifesto a situación de precariedade do consultorio, pola súa proximidade á Nacional 554 e pola súa falta de medios, técnicos e humanos (só ten atención dúas horas ao día).
O secretario xeral do Sergas asegurou que os traballos de mellora emprendidos nesta zona non remataron e recoñeceu a media de idade do lugar e os problemas da dispersión mais dixo que algunhas veces, na planificación que ten que facer a administración, a accesibilidade choca coa calidade e debe primar este último criterio.
Cayetano Rodríguez asegurou, non obstante, ter acometido diferentes actuacións, froito das reunións con membros da Plataforma, para introducir melloras paulatinas, tales como a informatización da consulta, a remodelación do consultorio para favorecer o acceso ao mesmo e a ampliación dos horarios, “punto no que queremos ir a máis”, dixo.
Asemade, informou de que no centro de Vilaboa se incrementou a plantilla e desmentiu o rumor de peche do consultorio de Cobres. Para Rodríguez, por tanto, a atención en Cobres é totalmente correcta e xa conta con melloras notabeis para irse adecuando paulatinamente á “folla de ruta” da Consellaría, o Plano de Mellora da Atención Primaria 2007-2011.