Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Na marcha participaron concelleiros e deputados do BNG
Un milleiro de veciños e veciñas de Vilaboa maniféstanse para esixir a reforma da N-554
(infobloque-vilaboa.com 05/07/08) Varios centos de veciños e veciñas de Vilaboa participaron este venres na marcha organizada pola Plataforma Veciñal pola Reforma da N-554 para demandar de xeito inmediato a presentación do proxecto de reforma da estrada.
A marcha, perfectamente organizada polos membros da plataforma descorreu con total normalidade e sen incidentes dende a ponte de Rande ata Riomaior, onde un portavoz da mesmo agradeceulle aos participantes a súa colaboración e encomendounos para o próximo venres, que neste caso descurrirá dende o cruce coa N554 ata Riomaior. O xentío que participou na manifestación provocou importantes retencións no tráfico.
Na marcha participaron tódolos concelleiros do BNG de Vilaboa así como o deputado provincial do BNG Daniel Rodas ou a deputada do parlemento galego Modesta Riobó.
Durante a marcha berráronse consignas contra Fomento e reclamando que os gobernos, tanto municipal como do estado ,se apliquen no asunto e presenten aos veciños o proxecto que leva xa dous anos de caixón en caixón, de Galiza para Madrid e viceversa, sen que de momento os veciños non poidamos valorar os cambios que se esixiron e que non sabemos se Fomento os vai a plasmar na reforma.