Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: Dario_28
Eu dende logo si que estarei alí apoiando a nosa língua e anómovos a todos...
(13-05-3008)
O BNG de Vilaboa chama a mobilizarse o próximo domingo 18 de maio a prol da língua galega
(infobloque-vilaboa.com 08/05/08)O BNG de Vilaboa convida a tódolos veciños e veciñas deste concello a que se sumen á convocatoria da manifestación en defensa da Língua Galega feita pola Mesa pola Normalización Lingüísticae que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro domingo 18 de maio. Esta mobilización , que partirá ás 12 do mediodía da Alameda e que finalizará na praza da Quintana, será un gran acto cívico en defensa da lingua do noso país.
Dende o BNG de Vilaboa solicitamos un amplo respaldo de entidades para o manifesto promovido para ese día. Por iso, ademáis de convidarte a que participes na mobilización do 18 de maio, se eres membro dalgunha asociación cultural, veciñal, etc queremos animarte a que colabores activamente na divulgación e recollida de adhesión ao texto que atoparás na web da Mesa.
Despois do cambio de goberno na Xunta do Partido Popular seguimos sen visualizar un compromiso claro de non repetir os erros da anterior política lingüística por parte do PSOE na Dirección Xeral de Política Lingüística, que é o departamento competente para impulsar o uso do galego.
Convidámoste a participar con nós a contribuir á normalización da nosa língua, a nivel colectivo é tamén o compromiso de cada un de cada un de nós a nivel individual durante tódolos días do ano, utilizando o galego de xeito consciente e esixindo o cumprimento da lexislación para a súa normalización.