Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

ORNELA FDEZ. SALGADO PEDE QUE SE SAQUE A CONCURSO A CANTINA VINCULANDOA AO MANTEMENTO DO PARQUE
O BNG demanda que se dote o local social de Paredes

Tamén esta pendente dotala de mobiliario e rematar os accesos.

infobloque-vilaboa.com, 17/06/09. O BNG de Vilaboa reclamará a través dunha moción o remate do Local Social de Paredes. O local carece de mobiliario adecuado para as funcións a que está destinado polo que é necesario dotar os despachos para que as asociacións poidan desenvolver o seu traballo.

Tamén estaba previsto que funcionase unha cantina no local que dese servizo aos usuarios do parque da Canteira e ás persoas que asistan ás actividades que se organicen. Para isto habería que instalar as dotacións necesarias e posteriormente sacalo a concurso para que os interesados presentasen as súas ofertas. A entender do BNG, “a cantina debería de vencellarse ao mantemento do parque público da canteira”, dixo Ornela Fernández a portavoz municipal do noso grupo. “Ademais, podería resultar atractivo a unha persoa que estea no paro”, engadiu.

Por outra banda, é necesario definir o acceso ao local e dotalo de iluminación, da que hoxe carece. Para isto, Ornela Fernández instou ao goberno municipal a que presente un proxecto e que llo presente ás entidades asociativa de Paredes e aos grupos políticos municipais. “Só desde a máis absoluta desidia, depois de varios anos reclamándoo por parte do BNG, se pode entender que non se teña avanzado nada na definitiva apertura do Local Social de Paredes” dixo Ornela Fernández.

Ornela Fernández valorou positivamente que o goberno municipal “retirase o chapapote do parque da Canteira co que pretendeu decorar cun pavimento multicolor o acceso ao Local Social de Paredes”. “Ás veces, acértase rectificando e este é o caso”, afirmou.

  

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.