Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

ABANDONO DOS LOCAIS E LUGARES PÚBLICOS MUNICIPAIS
O local social de Paredes illado pola lama

O BNG demanda que se dote o local social de Paredes (20/06/09)

infobloque-vilaboa.com | 28/01/10 | (0)

A imaxe tomada hoxe mostra ben ás claras a situación na que se atopa o acceso e o entorno do local social da Canteira en Paredes. O entorno é a área de lecer que teñen as veciñas e os veciños da parroquia aínda que poida parecer que se trata dunha escombreira. A esta lamentable e escandalosa situación chégase segundo a voceira nacionalista Ornela Fernández Salgado pola improvisación e a desidia do goberno municipal.

Salgado recordou hoxe que xa en xuño do ano pasado denunciara que o goberno municipal socialista acondicionara a entrada cubrindo as pozas que había no terreno con asfalto reciclado, nunha clara mostra de falla de sensibilidade deste goberno coas políticas medioambientais. O concelleiro Francisco Barcala culpou aos empregados municipais destes feitos asumindo que en moitas ocasión o goberno parece estar ausente.

A pesar desta denuncia e de reclamar que se adecentase o acceso, a chapuza e a falla de previsión deste goberno vólvense a por de manifesto, xa que sustituiron o "chapapote" por escombro de obra e xabre, material este último, que unha vez mollado se convirte en barro. O paso de vehículos polo lugar está provocando unha lameira que fai moi difícil o acceso ao local social.

Fernández Salgado preguntouse "se neste caso o concello actuou segundo criterios técnicos, nos que se escudan habitualmente para eludir un posicionamento político con criterio propio, ou se é froito da improvisación á que nos teñen acostumados. En todo caso esiximos que acometan de urxencia unha actuación para as veciñas e veciños accedan ao lugar en condicións dignas, sen que se vexan obrigados a usar botas de goma para ir a un local social".

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.