A TRAVÉS DUNHA MOCIÓN QUE SE DEBATERÁ NO PLENO DESTE MES
O BNG pedirá a adhesión de Vilaboa ao manifesto "Galiza ten dereito"

infobloque-vilaboa.com | 10/02/10 | (0)  |
|
O BNG de Vilaboa vén de presentar unha iniciativa no rexistro do concello para que sexa debatida no pleno do mes de febreiro, na que se solicita que a Corporación Municipal tome o acordo de adherirse ao Manifesto “Galiza ten dereito”.
O pasado día 05 de febreiro foi presentado no Parlamento de Galiza, a iniciativa do BNG, o Manifesto “Galiza ten dereito”. Esta iniciativa foi a resposta á presentación, por parte do goberno do Estado, dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocar ás caixas galegas na situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.
O acto de presentación constituiu para o BNG a expresión de que a sociedade galega non está disposta a deixarse asoballar, porque Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, a elaborar leis en beneficio da sociedade e da economía galegas e a que o Estado respecte o noso autogoberno.
Segundo os nacionalistas, o encontro das forzas sociais e políticas asinantes do Manifesto é a expresión de que a sociedade galega non está disposta a deixarse asoballar por un Goberno que en Galiza adopta medidas que non toma no resto do Estado; xa que o Goberno do Estado non presentou recurso algún ante as leis vasca, catalá ou andaluza.
Para o BNG, está en xogo os aforros de todos os galegos e galegas, pero tamén o futuro económico e financieiro de Galiza, xa que sen a fusión das dúas caixas galegas, Galiza ficaría sen sistema financieiro propio, un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento económico.
Sobre a manifestación de onte en Vigo, Fernández Salgado mostrou hoxe o máximo respecto polos milleiros de persoas que se opoñen á fusión das caixas galegas, pero a seguir sentenciou que "Caballero "pinchou" nas rúas de Vigo, xa que a manifestación estivo lonxe de ser masiva e non representa a vontade maioritaria do sentir da xente de Vigo e da comarca. Felizmente a maioría da sociedade viguesa ve a Vigo como unha peza esecial de Galicia e pensa claramente en clave galega".
comenta esta noticia |

       |
|
AXENDA |
Manifesto “Galiza ten dereito”
NOTICIAS RELACIONADAS
|