Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

OUTRO EXEMPLO MÁIS DA IMPUNIDADE DE FOMENTO ANTE UN GOBERNO LOCAL AUSENTE
As leiras de Paredes seguen sen auga de rego

infobloque-vilaboa.com | 07/05/10 | (0)

Xa transcorreu máis de ano e medio desde que, no pleno do mes de outubro do 2008, a corporación local de Vilaboa aprobase, por unanimidade, unha moción do BNG na que se solicitaba que o Concello de Vilaboa reparara con carácter inmediato o lavadoiro do Xogo da Pía, solucionando a perda de auga que este sufriu nos últimos anos, sen que, por parte do goberno municipal, se fixese algunha xestión para acometer este acordo plenario.

Hai que recordar que o lavadoiro do Xogo da Pía é un ben inventariado municipal situado en Paredes, parroquia de Vilaboa. Foi gravemente deteriorado polo Ministerio de Fomento cando realizou o cambio da conexión da pista das Salinas coa N-550. Daquela, Fomento derrubou o tellado e o Concello de Vilaboa, nunha clara deixación de funcións, permitiu que fose reparado como o ministerio quixo. Nin sequera esixiu o cumprimento da lexislación urbanística galega para que empregase na repación elementos tradicionais como a pedra en lugar de columnas de formigón.

Sen embargo, segundo xa denunciara o BNG naquel momento, o máis grave veu despois e na actualidade séguense padecendo as consecuencias: o lavadoiro perdeu a auga e, polo tanto, hoxe é un elemento completamente inútil que non cumpre ningunha función. “Neste caso, os veciños e veciñas de Paredes non poden facer uso do lavadoiro e pozo de rega pola neglixencia do Concello, que non actuou con dilixencia no mantemento e conservación dun ben público. A estas alturas, o problema segue existindo, o lavadoiro segue sen repararse e os veciños e veciñas de Paredes seguen sen poder utilizar o lavadoiro como o uso tradicional que tiña, que era como pozo de regadío. Os propietarios das veigas alí existentes non poden traballalas porque lles falta a auga para os cultivos, e os que as traballan teñen que utilizar caldeiros de auga para poder regar”, declarou Ornela Fdez. Salgado.

O BNG quere que o goberno municipal explique por qué ainda non se arranxou este problema e que dea conta das xestións, se houbo algunha, que fixo diante de Fomento para que o Ministerio pagase os gastos ocasionados como causante do feito.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.