Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

TAN SÓ EN 2008 INVESTÍRONSE 200 MIL EUROS
Medio Rural investiu en Vilaboa máis de medio millón de euros en obras de infraestructura rural

nfobloque-vilaboa.com, 31/01/09. As novas políticas deseñadas dende a Consellería do Medio Rural encamiñadas a mellorar as infraestructuras e dinamizar o medio rural fixéronse notar en Vilaboa tal e como se desprende da análise dos dados dos investimentos  feitos en Vilaboa.

O departamento que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal, investiu en obras de infraestructura rural  medio millón de euros en diversas obras de mellora de viais entre os cales se atopan os camiños de O Pazo (Figueirido), Leira Longa (Bértola), O Areeiro (Paredes), O Freixal (San Adrián de Cobres), Chamiceira (San Adrián), Covelo San Adrián), Picho-Cacheiro (Vilaboa), Novás - Toural e camiño do Rial (Bertola) entre outras. Estas inversións supoñen un notábel incremente sobre os fondos que destinaba a anterior administración do Partido Popular.

No   último   exercicio  a  inversión  no  noso concello achegouse aos dous centos mil euros e foron destinadas entre outras actividades  a explotacións agrarias na mellora de plans de mellora de profesionais e non profesionais, servizo de defensa contra incendios con  axudas a desbroces, amaño de pistas forestais ou infraestructuras básicas como depósitos de auga. Tamén foron subvencionadas as  actividades  destinadas  á  posta   en  valor  do  noso  monte  dentro da liña de silvicultura ou fomento das frondosas autóctonas.

Dinamizar e diversificar a economía rural, xerando novas oportunidades de emprego e fontes de renda, mellorar a dotación de servizos e calidade de vida no rural son parte dos obxectivos  dos investimentos da Consellaría do Medio Rural.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

VOLTAR Á PORTADA

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.