O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Vilaboa está conformado por catro concelleiros, como resultado das eleicións municipais do pasado mes de maio.
Ornela Fernández Salgado; Dende xullo de 2008 é a nova voceira municipal sustituindo a Xabier Míguez. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago, 25 anos. Encargarase das áreas de Facenda, Promoción Econónmica e Desenvolvemento Local, Benestar e Igualdade, Xuventude e Novas Tecnoloxías. Está será a súa primeira lexislatura como concelleira.
Francisco Xabier Miguez Santos; Director de Institudo de Ensinanzas Medias, 41 anos. Foi alcalde do Concello durante a lexislatura 1999-2003. Foi voceiro municipal durante os derradeiros 11 anos e nesta lexislatura será o encargado das áreas de Urbanismo, Persoal, Medio Ambiente, Educación e Protección Civil. Esta será a súa cuarta lexislatura como concelleiro.
Cándido Rosendo Calvar; Empresario, 42 anos. Encargado das áreas de Obras e Servizos. Esta será a súa terceira lexistalura, segunda consecutiva como concelleiro.
Tomás Boullosa Moure; Técnico administrativo , 31 anos. Será o encargado das áreas de Cultura e Deporte. Esta será a súa primeira lexislatura como concelleiro.
Se queres saber máis sobre a nosa labor municipal escríbenos:
infobloque.vilaboa@gmail.com
   
|
|
Recebe no teu correo-e as novidades da Web
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento. |
AXENDA |
|