voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

A prensa faise eco da prohibición de Luis Poceiro á gravación dos plenos

(infobloque-vilaboa.com 02/04/08) Os xornais de máis repercusión mediática no noso concello abordan hoxe nas súas páxinas de información adicada a Vilaboa a prohibición do alcalde socialista Luis Poceiro de que membros da redacción deste voceiro dixital graven os plenos co único fin de informar aos veciños do que alí sucede no desenrolo dos plenos, que non é pouco.

Así tanto FARO DE VIGO como LA VOZ DE GALICIA, nas súas edicións da comarca de Pontevedra, destacan que o secretario cuestionou a legalidade da insólita decisión tomada polo alcalde. Por outra banda no DIARIO DE PONTEVEDRA, Luis Poceiro declara que non permitiu a gravación porque a persoa que ía a gravar as imaxes era "...un particular descoñecido sen saber con qué finalidade o fai..." , cando a realidade dos feitos foi ben distinta, xa que el coñecía perfectamente á persoa que tiña intención de gravar o desenrolo do pleno.

As visitas a web do BNG de Vilaboa aumentaron notablemente dende o lamentable episodio pepetrado polo alcalde de Vilaboa. Non se contabilizaban tantos accesos dende a campaña para al eleicións municipais do mes de maio de 2007.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos