Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Acentúase o deterioro nos centros de saúde de Vilaboa
O centro de saúde do Toural sofre pingueiras dende hai varios días sen que Sanidade e Concello tomen medidas
(infobloque-vilaboa.com 27/05/08) O centro de saúde do Toural en Vilaboa ven sofrindo dende hai días pingueiras na zona de pediatría. Como se observa na foto, aínda que as manchas de humidade son perfectamente visibles, parece ser que tanto o concelo de Vilaboa como a Consellería de Sanidade non tomaron cartas no asunto. Estas deficiencias no centro do Toural veñen a sumarse as xa denunciadas no centro de atención médica de Cobres. A asistencia sanitaria ven sofrindo un grave deterioro no noso concello sen que o equipo de goberno adopte medidas urxentes para mellorar un servizo público básico como é a sanidade.