TOMÁS BOULLOSA: "NON SE PODE TRABAR Á MAN QUE CHE DÁ DE COMER"
O PSOE pídelle agora á oposición que lle aprobe a factura da cea cos maiores á que lle prohibiu asistir
O BNG de Vilaboa aconsella aos provedores que pidan un informe de intervención antes de realizar traballos municipais (06/04/08)

infobloque-vilaboa.com | 23/02/10 | (1) |
|
Foi no pasado mes de decembro cando o goberno socialista de Vilaboa, e ao remate dun pleno extraordinario celebrado para a aprobación do orzamento do ano 2010 e un recoñecemento extraxudicial de creto, a concelleira de servizos sociais facendo gala do despotismo que caractereiza a este goberno municipal "en minoría", impediulle aos membros da oposición que o tiñan solicitado asistir á cea dos maiores, incluso cando ían sugragar do seu peto o custo do menú. Víctimas da súa incapacidade e mediocridade non souberon calcular as consecuencias desta acción de autoritarismo e intento de apropiación deste colectivo, cun obxectivo exclusivamente electoral, cando agora non lle queda máis remedio que acudir aos grupos da oposición para que o Pleno lle dea o vistobó a estes gastos.
Dous meses despois o goberno que preside Luis Poceiro voltará a levar ao Pleno da Corporación un recoñecemente extraxudicial de creto, esta vez por valor de 146 mil euros, no que se inclúe a factura de máis de 6 mil euros que costou a cea cos xubilados e xubiladas do noso concello. O BNG xa denunciara entonces a intención do goberno muncipal de convertir un acto institucional pagado cos impostos de todos nunha especie de acto de partido para "maior gloria" da concelleira de servizos sociais.
Para o concelleiro do BNG Tomás Boullosa, "esta é unha mostra máis dun goberno que nunha fuxida cara diante e igual que un "galo sen cabeza" vai trucando contra todo o que atopa por diante sen distinguir a nada nin a ninguén, xa que a concelleira prohibiunos a asistencia á cea uns instantes despois de que lle aprobaramos uns orzamentos e un recoñecemento extraxudicial de creto. Máis nos sorprende agora isto, cando eles xa sabían que tiñan o orzamento esgotado e ían necesitar de nós para poder facerlle frente a estes gastos".
Boullosa recomendoulle aos membros deste goberno desnortado que "reflexionen sobre a onde estan a levar a Vilaboa, que asuman con humildade que son un goberno en minoría e que demostra unha mediocridade alarmante, que deixan a prepotencia e o despotismo para cando teñan maioría absoluta, unha utopía que cada día está maís lonxe, algo que teñen moi clariño".
Adiantou o voto negativo do seu grupo nesta cuestión, "xa que por un lado aínde ninguén lles dixo que non se pode trabar á man que che dá de comer, e por outro levamos advertindolle durante moito tempo ao grupo de goberno que se debía rematar con esa falla de control no gasto, algo que lonxe de cumplir, cada vez os recoñecementos extraxudiciais de creto son maiores. Aos proveedores que traballan para o concello recoméndolles prudencia cando contratan co goberno socialista que preside Luis Poceiro, xa que estano facendo con alguén que posiblemente non dispoña dos cartos para pagarlle".
comentarios |
1. Enviado por: Apolítico , 2010-02-25 12:42:35 PST
En relación co pleno mensual, polo que me comentaron.....o PP fixo unha pregunta sobre a praza de policía que quedou baleira, e o goberno pensa cubrila cun policía de outro concello??? iso si que é crear emprego. E o BNG que di a isto?? creo que somos moitos os desempregados que nos gustaría poder optar a esa praza, móvanse por unha oposición libre por favor |
comenta esta noticia |

       |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|