O GOBERNO DE LUIS POCEIRO GASTA MÁIS DO QUE INGRESA
Fernández Salgado: "a pior crise económica pillou a Vilaboa co pior goberno"

Presentarán ao Pleno outro recoñecemento exrtraxudicial de creto por valor de 146 mil euros
infobloque-vilaboa.com | 22/02/10 | (3) |
|
Ornela Fernández Salgado declarou hoxe que, este goberno está levando á ruina a Vilaboa, tanto pola xestión política como económica. Recordou que a finais de ano xunto cos orzamentos de 2010 aprobouselle un recoñecemento extraxudicial de creto por valor de máis de 90 mil euros, advertindo que se debería correxir esta práctica, demandando ademáis un plan de axuste de gastos correntes. Adiantou que no futuro non avalaría máis esta práctica e voltou a recomendarlle aos proveedores que o pensen dúas veces antes de contratar con gobernantes coma os que temos en Vilaboa.
O goberno municipal socialista voltará a levar ao pleno desta semana un novo recoñecemento extraxudicial de creto, esta vez por valor de máis de 146 mil euros. Como veu sendo práctica habitual nesta lexislatura o descontrol no gasto corrente e na administración dos recursos públicos propicia que o goberno que preside Luis Poceiro, estea levando as arcas municipais a unha situación económica moi delicada. Destacan nesta relación de facturas os máis de 13 mil euros que se lle adebedan a Unión Fenosa por consumo de enerxía entre os meses de setembro e decembro, os máis de 6 mil por gasto telefónico ou 3 mil por gasto en carburantes.
Salgado recordou tamén que recentemente o Ministerio de Economía e Facenda ven de facer público o informe de liquidacións dos orzamentos do 2008 das Entidades Locais, e nel pódese observar como Vilaboa arrastra pérdidas dun ano para outro. O goberno municipal que preside Luis Poceiro gastou, nese ano un 12 % máis do que ingresou, máis de 400 mil euros. Á voceira nacionalista non lle extraña esta situación, xa que "un goberno que carece dunha concellería e un concelleiro de economía e facenda, difícilmente pode levar unha xestión económica decente. “Presentan recoñecementos extraxudiciais de creto para gastos correntes que xa teñen unha asignación económica vía orzamentos, pero non dín a onde se desviaron eses fondos. Mentres no que vai de lexislatura non se invertiu un so euro en promoción económica e en fomento do emprego, gástase cada vez máis en gasto corrente, nun contexto económico e social no que os parados en Vilaboa alcanzan o umbral das 600 persoas”.
Salgado voltou a lamentar que a pior crise económica das últimas décadas colla a Vilaboa co pior gobernó que se recorda. “Os veciños e veciñas do noso concello non merecen uns gobernantes tan mediocres coma os que temos”, espetou a voceira nacionalista.
comentarios |
3. Enviado por: Chingón , 2010-02-25 13:39:57 PST
Hey Man, what a wonderful coment, discurrichelo ti so, ou tiveron que axudarte...o de mediocres e insolventes como o definirías, axioma?, aforismo?arroutada?, canto rencor hai metidos nas escombreiras...jajajaja
|
2. Enviado por: Man , 2010-02-23 10:46:53 PST
Evidentemente cun goberno, tal como di a noticia, de mediocres e insolventes eu pensaríamo dúas veces antes do poñer en risco o meu capital. A outros está claro que non lle importa o máis mínimo xogar co pan de comer dos pobres proveedores. De todas maneiras Chingón, vendo que este comentario está na mesma liña doutros publicados recentemente é evidente que saes da mesma escombreira intelectual ca os membros do goberno.
|
1. Enviado por: Chingón , 2010-02-23 08:56:37 PST
Eu si que non dou creto, vos atrevedes a recomendar os proveedores que non sirvan o concello, esa si que é boa, espero que a xente tome boa nota porque a quen se perxudica é a Vilaboa!!!
|
comenta esta noticia |

       |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|