ABOCADOS Á ALEGALIDADE
Ao PP tampouco lle gustas os furanchos

infobloque-vilaboa.com | 26/05/10 | (0) |
|
Estes días, o goberno da Xunta do Sr. Feijoó ven de presentar no Parlamento de Galiza unha modificación da Lei 14/2008, na que elimina aos furanchos entre os tipos de empresas turísticas de restauración, deixando a estes establecementos nunha situación de ilegalidade. “O que teñen que facer, en todo caso, é levar un control de que se cumpra coa normativa que foi aprobada fai dous anos polo goberno bipartito, e que foi consensuada con todos os membros do sector, pero non optar pola liña máis fácil e deixar fóra da legalidade a estes establecementos”, afirmou a Ornela Fdez. Salgado.
Na pasada lexislatura, o goberno bipartito aprobou a Lei 14/2008, de 3 de decembro, de Turismo de Galicia, na cal, no seu artigo 43, se clasificaba aos furanchos como empresas de restauración que posteriormente foron regulados mediante un decreto consensuado con todos os membros do sector.
A voceira nacionalista ven de anunciar que o seu grupo municipal vai presentar unha moción para o Pleno deste mes, que se celebra no día de hoxe, na que se inste á Consellería de Cultura e Turismo a reformar o anteproxecto de lei e non deixar na ilegalidade aos furanchos.
“O viño é a día de hoxe o cultivo máis importante do noso concello, pero como Vilaboa non forma parte da DO Rías Baixas, a única vía posible que teñen os nosos viticultores para desfacerse dos excedentes da súas colleitas é a apertura de furanchos, establecementos tradicionais que teñen como único cometido a venta dese excedente de viño e que, no caso do noso concello tamén despertan o interese de moitos visitantes ademáis de ser un complemento á economía familiar. Este tipo de actividade necesita un mínimo amparo legal e unha regulación, que efectivamente, non faga unha competencia desleal cos demáis tipos de establecementos de restauración, pero que permita a venda de viño caseiro dun xeito controlado”, declarou Ornela Fernández Salgado.
comenta esta noticia |
 |
|
Modificación Lei de Turismo
NOTICIAS RELACIONADAS
|