voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

TAMÉN SE PROPÓN DESTINAR PARTE DAS INVERSIÓNS Á REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA DE PAREDES E AO REASFALTADO DALGUNHAS PISTAS

O BNG considera prioritario rematar a rede de saneamento co Fondo Estatal de Inversión Local

Vilaboa é o concello con menos porcentaxe de saneamento de toda a Ría de Vigo

(infobloque-vilaboa.com 18/12/08) O BNG considera prioritario que a cantidade que lle corresponde a Vilaboa do Fondo Estatal de Inversión Local se destine na súa gran parte a rematar o saneamento do noso concello. O Concello de Vilaboa é o concello de toda a Ría de Vigo con menos porcentaxe de núcleos saneados, o 60,3% do seu territorio, e a súa proposta é que se remate a rede de saneamento en todas as parroquias.

Vilaboa saneouse na súa maior parte cos fondos europeos que financiaban o POL (Programa Operativo Local) e coa desaparición deste programa deixouse a parte das vivendas dos veciños e veciñas do noso concello sen sanear. “ O saneamento e o abastecemento son uns servizos básicos que se deben ter cubertos, e unha gran parte deste fondo débese destinar a satisfacer estas necesidades”, declara Ornela Fernández.

Tamén propoñen que parte desta cantidade se destine ao abastecemento do barrio de Paredes e ao asfaltado de algúns viais que se atopan en pésimas condicións, como son a pista de Areeiros - Carballeira, na parroquia de Santa Cristina de Cobres, a pista de Sanguriños, no lugar de A Cardiña, na parroquia de San Adrián de Cobres, e a instalación dun parque infantil no interior do colexio de Riomaior.

Para o BNG, todas as parroquias do concello deben recibir investimentos deste Fondo, pero “haberá que marcar uns criterios a seguir para facer o reparto das cantidades a investir, e que deben contemplar a débeda histórica coas parroquias e aquelas onde haxa maior necesidade de inversión”, dixo Ornela Fernández.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos