Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
O BNG de Vilaboa aconsella aos provedores que pidan un informe de intervención antes de realizar traballos municipais
(infobloque-vilaboa.com 06/04/08) A situación vivida no Concello de Vilaboa durante os primeiros meses do ano en relación ao recoñecemento extraxudicial de crédito de facturas pode calificarse de “esperpento de xestión municipal”, que é o que Vilaboa está a vivir desde o comezo do actual mandato da Corporación.
Produciría risa se non se estivese a xogar co progreso de Vilaboa que un mesmo expediente fose catro veces a Pleno sen que se variase unha coma. Este expediente, repetido ata catro veces, foi aprobado pola abstención do PP que decidiu variar a súa posición inicial e aprobar as contas dos excesos do PSOE por mor das pasadas eleccións municipais.
O expediente de recoñecemento de crédito trátase pura e simplemente de gastos ilegais que non teñen partida orzamentaria porque se esgotou ou non existía. Así dende o mes de abril do ano pasado deixáronse de abonar facturas que deberían estar pagadas porque estas partidas estaban incluídas nos orzamentos do ano 2008, que tiveran o voto favorable do BNG:
facturas de electricidade das distintas depencias municipais e alumeado público por un importe de máis de 17.000 €
facturas de gastos telefónicos, máis de 12.500 €
mantemendo do ascensor do colexio do Toral, mobiliario de oficina do concello, combustible dos vehículos municipais, etc
reparacións da maquinaria do concello, onde no tractor se gastaron máis de 9.000 €
facturas de formigón por valor de máis de 17000 €, o que equivalen a uns 300 m3, e que foron empregados ao marxe das obras previstas nos presupostos, non se sabe moi ben onde (hai que recordar que eran as datas das eleicións locais)
A responsabilidade recae integramente no equipo de goberno que fai ese gasto sabendo que non o pode pagar actuando dun xeito desleal cos provedores. Contráese débeda que se sabe que non vai poder pagar.
Para corrixir esta situación as empresas deben solicitar á intervención que existe consignación orzamentaria para ese gasto pois é a maneira de saber que se pode afrontar ese compromiso. A práctica política do PSOE en Vilaboa vénse caracterizando por adquirir compromisos de gastos sen consignación orzamentaria polo que aconsellamos esta medida preventiva en evitación de males maiores ao equilibrio económico das empresas provedoras.
Esta situación prolonga a “agonía executiva” dos últimos catro anos en que Vilaboa non foi capaz de avanzar en ningún dos reptos que temos como sociedade: PXOM, solo industrial, comunicacións ou investimentos públicos doutras administracións.