ESTE VIAL NON É ASUMIDO POR NINGUNHA ADMINISTRACIÓN
Veciños de Postemirón e a Graña queixanse dos danos que producen nas pistas os camións coa terra do AVE
infobloque-vilaboa.com | 04/01/10 | (1) |
|

Veciños dos barrios de Postemirón e a Graña veñen de alertar do grave deterioro da estrada que sobe da N-550 á lagoa de Castiñeiras, denominada EP-0103, causado en grande parte polo tránsito de camións que transportan terra das excavacións da liña do eixo atlántico do AVE e que depositan nun monte comunal pertencente á parroquia de Figueirido.
Denuncian que cinco tamos da estrada, os correspondentes co enlace coa N-550, na ponte da autoestrada, na curva do campo de fútbol, nas inmediacións do lugar de Croas e nas curvas próximas ao centro Reto, a banda exterior da calzada está prácticamente destrozada debido ao tráfico contínuo de camións cargados de terra, algo que seguramente non se tivo en conta na súa construcción.
Ornela Fdez. Salgado, voceira municipal nacionalista recordou hoxe que a estrada non é de titularidade de nengunha administración, pero xa que está dentro do término municipal de Vilaboa correspóndelle ao goberno municipal a súa vixiancia co fin de mantela nun estado óptimo de uso, polo que xa anunciou a presentación dunha iniciativa para que este se dirixa á ou ás empresas causantes dos desperfectos que asuman a súa reparación de inmediato e que a acondicionen para o uso que lle están dando. Lamentou Salgado a total impunidade coa que empresas e particulares destrozan os viais municipais sen que o goberno municipal teña a ben tomar as medidas oportunas.
Recordou Salgado que xa en xullo de 2008, o BNG presentou unha moción na Deputación Provincial para que este organismo realice un estudo sobre as necesidades de ampliación, mellora e sinalización do vial que enlaza a N550 coa lagoa de Castiñeiras. Así mesmo pediu que este vial (EP0103) sexa incluido dentro da rede provincial de estradas de titularidade da Deputación.Esta estrada que figura no inventario da Deputación Provincial como EP-0103, discorre integramente polo concello de Vilaboa polas parroquias de Figuerido e Bértola e dá servizo aos núcleos de Balteiro e Croas en Figueirido e Postemirón en Vilaboa.
A Deputación encargouse durante moito tempo do seu mantemento e conservación. Realizaba os bacheos e a limpeza das marxes, así como funcións de control e de marcado de liñas de peche e de construcción. Na actualidade presenta graves carencias na sinalización horizontal e vertical, falta de disciplina nos retranqueos dos peches e necesidade de mellora e ampliación sobre todo na zona máis urbán.
comentarios (1) |
1. Enviado por: David, 2009-12-13 12:41:21 PST
Ola.
Xa levamos varios meses queixándonos nas administracións e na prensa, pero non fan nada, a estrada non e de nadie, e a empresa UTE AVE estanos a desfacer a estrada, eles din que cando acaben as obras van a arranxar a estrada, pero nos non temos ningún papel que o corrobore.
Un Saúdo.
www.postemiron.es/web |
comenta esta noticia |

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|