O BNG PRESENTA NO PARLAMENTO UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI
Salgado rexeita que Paredes quede sen escola para os cativos

infobloque-vilaboa.com 07/07/10 | (0) |
|
Os deputados nacionalistas, Bieito Lobeira e Carme Adán, veñen de presentar no Parlamento de Galiza unha pregunta por escrito e unha proposición non de lei nas que se lle esixe á Consellería de Educación explicacións e medidas a adoptar polo peche do Colexio de Paredes.
A Escola de Paredes forma parte do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Vilaboa, do que forman parte, tamén, catro escolas máis, unha por cada parroquia do concello. Actualmente neste centro hai matriculados 16 alumnos e alumnas que, de ser efectiva esta decisión, veríanse na obriga de transladarse a outros centros. “O problema máis destacable deste centro é o mal estado no que se atopan as súas instalacións, as cales necesitan urxentemente reformas e melloras. O que debería facer a Consellería é adecentar o centro, pero non pechalo, esa é a súa obriga. Tanto o Consello Escolar do CRA de Vilaboa como a ANPA mostraron o seu rechazo ao peche, así que pensamos que a Consellería debe ter en conta as demandas dos veciños e veciñas. Pola nosa banda mostramos o noso apoio absoluto e rechazamos, de igual maneira, esta decisión.”, afirmou Ornela Fdez. Salgado
Na pregunta presentada demándaselle información por cal foi o motivo que levou á Consellería para tomar a decisión de pretender pechar o Colexio, cales son as vantaxas que consideran que trae dito peche, se hai previsión de revocar esta decisión e, por último, se teñen previsto facer reformas e melloras neste centro. Por outra banda, na proposición non de lei propónse que o Parlamento de Galiza inste ao Goberno da Xunta de Galiza a garantir a permanencia e mantemento desta escola unitaria, excluíndo calquera opción de peche deste centro de ensino e, por último, realizar, con carácter de urxencia, as accións precisas de reparación e mellora desta escola unitaria.
Para o BNG a medida adoptada pola Consellería de Educación forma parte dun proceso de degradación do ensino público, de desvinculación da súa función social no mundo rural e da aposta por un sistema educativo precarizador orientado á privatización, obxetivo fundamental do goberno do PP.
comenta esta noticia |
 |
|
AXENDA |
DOCUMENTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
|