Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

A PESAR DE SER DECLARADA COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICO
A Deputación esquece o Entroido de Cobres entre os eventos que levou a FITUR 2010

infobloque-vilaboa.com | 22/01/10 | (1)

A pesar de ser declarada Festa de Interese turístico, o Entroido de Cobres quedou fóra dos 25 eventos que a Deputación de Pontevedra a través do patronato Turismo Rías Baixas levou á Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR 2010, que se está a desenrolar entre os días 20 e 25 deste mes de xaneiro.

Tomás Boullosa, voceiro de Cultura no G.M. do BNG de Vilaboa, afirmou hoxe, que este organismo volve a discriminar ao noso concello unha vez máis ao deixar fóra da promoción turística un dos entroidos máis vistosos e participativos de Galicia, cunha tradición que se remonta a finais do século XVIII. Lamentou que o organismo provincial se decantase case exclusivamente pola promoción de eventos gastronómicos, deixando de lado tradicións tan arraigadas e singulares, mantida ao longo dos tempos como é o Entroido de Cobres.

Tamén criticou o silencio da concellería de cultura do goberno municipal de Vilaboa, e adiantou que no Pleno da Corporación da vindeira semana preguntará a esta polas xestións feitas para a promoción exterior das nosas potencialidades turísticas. Así mesmo presentará unha iniciativa para que o Concello demande do organismo provincial a inclusión no futuro do Entroido de Cobres entre os eventos que promociona no exterior, atendendo á categoría que ten como Festa de Interés turístico.

comentarios (1)

1. Enviado por: David, 2010-01-22 07:48:36 PST

Para algo que temos e que eu considero bastante importante para a nosa cultura e tradición, os da Deputación pasan de todo.

Así nos vai  non explotamos os nosos atractivos turísticos, para darnos a coñecer, inda que isto o mellor e un pouco culpa de todos.

Saúdos
comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.