VECIÑOS E CONFRARÍAS DEBEN PARTICIPAR NA LOITA CONTRA O SEU DETERIRO
O BNG reclama o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Enseada de San Simón

Este instrumento é o primeiro paso para a creación de emprego no sector ambiental no noso concello.
infobloque-vilaboa.com, 22/10/09. A Enseada de San Simón é o espazo natural máis importante que temos en Vilaboa. Está clasificado como Lugar de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000 e isto conleva que sexa Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. A Enseada de San Simón é o espazo natural máis importante que temos en Vilaboa. Está clasificado como Lugar de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000 e isto conleva que sexa Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
Nel desenvólvense importantes actividades directamente dependentes da calidade da auga como son o marisqueo e a pesca. A pesar disto, nos últimos anos estamos a ver como é continuo o deterioro das nosas augas interiores sen que as administracións competentes se impliquen na elimación dos impactos.
Para evitar que esta situación continúe, o BNG de Vilaboa propón que a Xunta de Galicia contrate dunha vez o Plan de Ordenación da Enseada de San Simón, no que deben participar todos os axentes implicados. Posteriormente e derivado del redactaríase o Plan de Usos e Xestión e debería planificar o aproveitamento do lugar natural como recurso económico da poboación. Este sector é estratéxico para a creación de emprego e débese potenciar tamén en Vilaboa.

comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: Sara, 2009-10-23 03:32:15 PDT
Vexamos..., ademiro a vosa preocupación e interese por tódala problemática que xorde entorno a Ensenada de San Simón e gustaríame comentar que non sodes os únicos, non falo políticamente senón empresarialmente. Como ben sabedes a Ensenada de San Simón non só pertence a Vilaboa, senón que outros Municipios como o de Soutomaior, Redondela e nunha pequena moi pequena parte Moaña tamén poderían aupar este interese e reunir a tódolos seus axentes políticos (Concello) e socioeconómicos (asociacións e empresas) para conseguir algo común, ¿non credes que coa forza de todos se podería chegar a conseguir algo máis? Teño que dicir tamén que dende o meu coñecemento xa fai una anos e como alcalde Xavier Míguez e como propulsores da proposta creo recordar a Asociación de Empresarios de Redondela consensuaron unha proposta dun proyecto de actuación que lles elaborou a Universidade de Vigo como responsable da mesma Xulio Pardellas de Blas que se retomou non Plans Estratéxico Zonais e nos Grupos de Accción Costeira Actuais.
Dende a Asociación de Empresarios de Redondela plantexouse neste ano e conforme a o Eixo II do Plan Estratéxico Zonal: “creación de emprego e oportunidades económicas ao través da diversificación”, solicitar unha subvencióna través da asociación na que participasen tódolos municipios anteriormente citados para a creación dun plan de desenvolvemento turísitico na Ensenada
A problematica xurde en canto a resolución e directrices deixa fóra da subvención a asociacións (non podendo facer nada para conseguir esta subvención) cando foron éstas as que elaboraron os Grupos de acción e os plans estratéxicos zonais
Non sei se tiñades coñecemento disto pero ó que quería achegar era a problemática de non coordinación e colaboración entre axentes e a duplicidade de información que estades a manexar ou publicitar
Gustaríame que esta a información no a empregarades como unha crítica cara o que digo senón unha crítica cara o que plantexades e a necesidade de colaboración, tampouco quero que empreguedes esta información sen máis e nomeu nome senón qu einvestiguedes sobre o que vos digo e se precisades dalgunha outra información vos poñades en contacto conmigo a través do meu correo
Seguro que máis dunha cousa das que quero achegar non se entenden ou mesmo quedan incompletas pero volvo repetir que o que escribo é por achegar a miña preocupación polo entorno no que vivo e por coñecemento do que estou a falares
Outra cousa, non quero que o meu nome serva para asegurar nada nen poñer nas miñas palabras ou boca unha afirmación por iso vos digo que investiguedes e creo que son moitos os datos os que vos achego
Sen máis
Saúdos cordiais
|
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|