voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O BNG de Vilaboa presentou unha alegación ao Plan Vigo Integra para que se inclúa esta solicitude

Ornela F. Salgado solicita información sobre as xestións levadas a cabo para a apertura dun enlace dirección Vigo no lugar de Barbeita

(infobloque-vilaboa.com 18/09/08) O BNG de Vilaboa, a través da súa voceira Ornela F.Salgado, presentou unha serie de preguntas para o seu debate no próximo pleno do día 24, para que o goberno municipal explique cales son as xestións que levaron a cabo para acondicionar o enlace de Barbeita e, así, poder contar con unha entrada e saída destino Vigo.

O 28 de xuño de 2006, o Pleno de Concello aprobou, a instancias do BNG dirixirse ao Ministerio de Fomento para que se realizara un proxecto para dotar ao enlace de Barbeita, entre as parroquias Figueirido e Vilaboa, cunha entrada e saída en sentido Vigo. No seu momento, o BNG, a través da súa parlamentaria no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández, presentou unha pregunta parlamentaria sobre como estaban as xestións sobre este asunto. A resposta do Ministerio foi que non tiñan coñecementos de que o Concello de Vilaboa solicitara tal acordo.


O BNG considera importante que se acometan os traballos necesarios para que Vilaboa poida contar con acceso e saída coa cidade de Vigo na autoestrada AP-9 en Barbeita. Encamiñada nesa sentido, a voceira do BNG, en representación do grupo municipal, ven de presentar unha alegación ao Plan Vigo Integra para que se inclúa dita solicitude.

Resposta do Goberno ao BNG en PDF

Preguntas do BNG ao goberno municipal

Alegación ao plan Vigo Integra

(0 comentarios)

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos