Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

PRESENTADA TAMÉN UNHA MOCIÓN POR PARTE DO BNG NA DEPUTACIÓN
Máis de 150 sinaturas para solicitar o enlace a Vigo na AP-9 en Barbeita

infobloque-vilaboa.com, 10/06/09. O pasado día 23 de maio o BNG de Vilaboa comezou unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a apertura dun enlace de entrada e saída á AP-9 dirección Vigo, no lugar de Barbeita, parroquia de Figueirido. Os nacionalistas propuxeron aos veciños e veciñas asistentes ao acto celebrado no Local Social de Figueirido o apoio, coa súa sinatura, á presentación dunha alegación conxunta ao Proxecto de construcción do enlace da N-550 coa AP-9, no lugar de Barbeita.


O Proxecto deste enlace foi publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o pasado 28 de abril, e estivo en exposición pública durante 30 días hábiles, despois dunha resolución xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza como resposta a un recurso contencioso-administrativo presentado polos veciños e concello de Vilaboa pola non exposición pública no seu momento, paso fundamental do procedemento administrativo. Despois de dúas semanas de campaña, na que os propios veciños se comprometeron a recoller as sinaturas de todos aqueles que non estiveron presentes na xuntanza celebrada e dos usuarios de dito enlace e, tamén, contando co apoio da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior, máis de 150 persoas apoiaron coa súa sinatura a alegación conxunta.


O Grupo Municipal do BNG tamén presentou unha alegación como grupo municipal, e trasladou a súa inquedanza ao grupo provincial do BNG na Deputación Provincial de Pontevedra que, a través do seu Deputado Provincial, Daniel Rodas, presentou unha moción na que se solicita que a Deputación Provincial inste ao Ministerio de Fomento a construcción deste enlace.


“A campaña foi un éxito, e esperamos que, despois de tantos anos solicitando este enlace, o Ministerio de Fomento escoite as demandas dos veciños e veciñas de Vilaboa e concellos do entorno, e dos usuarios da AP-9. A conexión con Vigo suporía un gran beneficio para os veciños e empresas de Vilaboa e para o crecemento empresarial e económico do noso concello”, declarou Ornela Fernández Salgado, voceira municipal nacionalista.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Moción presentada na Deputación

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.