EN RESPOSTA AO BNG NO CONGRESO
Fomento non estima "funcionalmente necesario" o acceso á AP-9 en Barbeita

infobloque-vilaboa.com, 24/04/09. O Ministerio de Fomento non considera necesario a construcción dun acceso á AP-9 en Barbeita, Figueirido en dirección Vigo. En resposta á deputada do BNG Olaia Fdez. Davila, alegan que esta conexión pode facerse dende Pontevedra, Redondela ou pola ponte de Rande en San Adrián.
O BNG argumentara na proposta a idoneidade deste enlace para acceder os vehículos procedentes, tanto da zona central de Vilaboa como de Arcade. Fomento explica na resposta parlamentaria que a proposta de completar o actual enlace requeriría a realización de obras no actual semienlace construindo dous novos ramais en senso Vigo e unha praia de peaxe. Suporía ademáis unha modificación do vixente contrato concesional entre Autopistas del Atlántico e Fomento.
A alternativa que propón o Goberno Central pivota ao redor da futura autovía A-57 na que se estudiarán as conexións tanto dende Vilaboa como de Arcade.

comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: Carballo, 2009-04-24 13:57:18 PDT
Outro éxito máis do voso alcalde e iso cos de fomento tamén son do Psoe. Ao mellor agora o das gasiosas volve a darlle outros 25 anos de concesión a autopistas e resolve o asunto, agora seica quere privatizar os superdelegados, magoa que o sectario que escolleu para Pontevedra mais que super é sen chumbo.
|
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
Iniciativa e resposta no Congreso
NOTICIAS RELACIONADAS
|