Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

DEBATE DA MOCIÓN DO BNG PARA SOLICITAR O ACCESO A VIGO NA AP-9
Unanimidade na Deputación a prol do enlace de Barbeita

infobloque-vilaboa.com, 10/06/09. O Pleno da Deputación Provincial ven de aprobar na súa sesión ordinaria, celebrada no día de onte, e por unanimidade dos seus membros, a moción presentada polo Deputado Provincial do BNG, Daniel Rodas, na que se solicitaba que a Deputación Provincial se dirixise á concesionaria AUDASA, ao Ministerio de Fomento e demais organismos competentes, solicitando a construción dunha entrada e saída da AP-9 en dirección a Vigo á altura da Barbeita (Figueirido)

Esta medida vense sumar á campaña iniciada polo Grupo Municipal do BNG. O pasado día 23 de maio o BNG de Vilaboa comezou unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a apertura dun enlace de entrada e saída á AP-9 dirección Vigo, no lugar de Barbeita, parroquia de Figueirido. Os nacionalistas propuxeron aos veciños e veciñas asistentes ao acto celebrado no Local Social de Figueirido o apoio, coa súa sinatura, á presentación dunha alegación conxunta ao Proxecto de construcción do enlace da N-550 coa AP-9, no lugar de Barbeita.


Despois de dúas semanas de campaña, na que os propios veciños se comprometeron a recoller as sinaturas de todos aqueles que non estiveron presentes na xuntanza celebrada e dos usuarios de dito enlace e, tamén, contando co apoio da Asociación de Empresarios de Arcade e Soutomaior, máis de 150 persoas apoiaron coa súa sinatura a alegación conxunta.


“Alegrámonos que a moción presentada polo noso Deputado Provincial saíra adiante e esperamos que o Ministerio de Fomento escoite, dunha vez por todas, as nosas demandas. A conexión con Vigo suporía un gran beneficio para os veciños e empresas de Vilaboa e para o crecemento empresarial e económico do noso concello, pero tamén para veciños e veciñas dos concellos do redor”, declarou Ornela Fernández Salgado, voceira municipal nacionalista.

 

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: Xoan, 2009-07-01 04:52:52 PDT

Excelente nova. Ogallá o consigades.
Vosa páxina web e perfecta.
Apertas

1. Enviado por: Bermello, 2009-06-30 01:44:46 PDT

Boas propostas e bo traballo fiscalizador da acción de goberno. Esta páxina é moi boa. Parabens e saúdos dun compañeiro de Forcarei, sodes un exemplo a seguir en todo o país.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Moción presentada na Deputación

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.