Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

ORNELA FERNÁNDEZ SALGADO AFIRMA QUE A DEMANDA DOS VECIÑOS É UNÁNIME
O BNG recolle sinaturas en demanda do acceso a Vigo na AP-9 en Figueirido

O BNG iniciará unha campaña para solicitar o acceso a Vigo pola AP-9 en Barbeita

infobloque-vilaboa.com, 23/05/09. Coa recollida de medio cento de sinaturas o BNG de Vilaboa iniciou hoxe a campaña para demandar a comunicación con Vigo desde o enlace de Barbeita en Figueirido. Neste punto, os veciños e veciñas de Vilaboa reclaman desde hai anos un acceso para Vigo e unha saída desde Vigo que permita completar os movementos neste punto de entronque entre a N-550 e a AP-9.  Actualmente, só se pode saír e entrar con sentido Pontevedra-Santiago.

Esta é unha “demanda unánime da sociedade de Vilaboa” dixo a voceira nacionalista de Vilaboa, Ornela Fernández no transcurso do acto ao que asistiron os concelleiros Tomás Boullosa e Xabier Míguez. “Agora é o momento, durante a información pública á que os tribunais obrigaron ao Ministerio de Fomento, de poñer sobre a mesa a necesidade  que temos de mellorar as comunicacións con Vigo” engadiu a portavoz nacionalista.

A necesidade de completa o enlace de Barbeita é unha vella reivindicación dos veciños e veciñas de Vilaboa na que leva traballando o BNG desde hai tempo. Desde o goberno do concello, con Xabier Míguez de alcalde, levou aos tribunais ao Ministerio de Fomente para que se fixese un proceso de información pública deste enlace e se tivese en conta a participación da institución local no deseño das comunicacións municipais. Resultado deste proceso, agora o Ministerio vese na obriga de retomar o proceso de construción do enlace desde o comezo.

Desde a oposición municipal, o BNG presentou no ano 2004 unha moción demandando o acceso a Vigo que foi aprobada por unanimidade dos grupos da Corporación. No ano 2006, e ante a falta de actividade por parte do alcalde Luis Poceiro, volveu a presentala e nesta ocasión tamén foi aprobada por unanimidade.

Paralelamente, Olaia Fernández Davila presentou varias iniciativas parlamentarias sobre este tema  a instacias do BNG de Vilaboa. Nas respostas de Fomento supedítase o carácter de servizo público da AP-9 ao equilibrio finaceiro da concesión da autoestrada, sen detallar outras cuestións.

Agora, o BNG de Vilaboa vai implicar tamén ao Grupo Provincial de Pontevedra nesta demanda dado que  a Deputación Provincial tamén fixera no ano 2004 a solicitude a Fomento de solicitar o acceso a Vigo nese punto. “Para que non quede en papel mollado, a Deputación tense que pronunciar agora cando está aberto o proceso de participación cidadá e institucinal” dixo a voceira do BNG, Ornela Fernández.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Modelo alegación individual

Modelo alegación múltiple

Anuncio no B.O.E do documento de información pública

Mocións presentadas entre o ano 2004 e 2006

Iniciativa e resposta no Congreso

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.