voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

EDITORIAL

Con este goberno, vaiche boa Vilaboa!

(infobloque-vilaboa.com 06/08/08) Dous días despois de que o BNG de Vilaboa iniciara unha campaña de recollida de sinaturas de veciños de Sobreira para que o Concello actúe sobre a estrada que comunica este barrio, ao PSOE de Vilaboa encendéuselle a bombilla das ideas para anunciar a sinatura dun convenio coa Consellería de Política Territorial. Curiosamente esta foi a proposta que a voceira do BNG, Ornela F. Salgado, lles transmitiu aos veciños de Sobreira o pasado domingo, xa que dado o alto custo das obras o Concello non as podería asumir.

 
Parece ser que ata que o PSOE tivo coñecemento da campaña iniciada polo BNG descoñecía a existencia dunha consellería na Xunta de Galicia (gobernada polos socialistas), que entre outras cousas adícase a asinar convenios como o que nós propuxemos. 


A cantidade anunciada polo concelleiro Barcala antóllasenos escasa, é máis ben froito da precipitación para ofrecerlle unha resposta á opinión pública que como medida para darlle solución á estrada. Os 150000 euros que o PSOE estima é unha cantidade insuficiente que só daría para un asfaltado sinxelo, cando en algúns tramos é necesario ampliar a plataforma, e a canalización de augas pluviais é algo imprescindible ao transcorrer esta estrada por unha ladeira con grandes pendentes.

Da man do Psoe o debate político baixou a niveis nunca antes vistos en Vilaboa  

 

O anuncio deste convenio por parte do goberno do PSOE xusto despois de que o BNG iniciase a campaña, non é unha casualidade, senón que ven sendo algo habitual desde que están gobernando.  O proxecto de Reforma da N-554 era excelente ata que o BNG, na asemblea celebrada o 21 de maio de 2006 na Casa de Cultura de Riomaior, lles demostrou aos veciños as numerosas deficiencias de dito proxecto.  Cando no mapa do borrador do Plan de Acción Costeira da Consellería de Pesca Vilaboa quedaba excluída, o PSOE descoñecía tal actuación, e tivo que ser o BNG, mediante a presentación dunha moción, o que puxo en coñecemento a situación e o que motivou que se solicitase a súa inclusión. Días despois de que o BNG expuxera nunha asemblea veciñal pola mellora da asistencia médica en Cobres a expropiación do Consultorio de Santa Cristina de Cobres para a posterior construcción dun novo, o PSOE anunciou a proposta como súa. 


Estes son uns poucos exemplos, entre moitos, nos que se demostra a incapacidade de xestión e decisión, e falta de ideas que ten o goberno do PSOE. Pola contra, só manifestan odio e rencor contra os que teñen iniciativas e fan oposición en positivo para mellorar a situación do noso concello.


Para o PSOE, todo este tipo de propostas, encamiñadas para solucionar os problemas dos veciños de Vilaboa, non son máis que atrancos prexudiciais para o desenvolvemento do noso concello. Este é o argumento utilizado nos Plenos e Comisións Informativas, nas que manifestan que a única motivación política é que o BNG non goberne. Os intereses dos veciños quedan agora nun segundo plano. 


Vaiche boa, Vilaboa!.

comentarios recibidos (14)

14. Enviado por: barrenas, 2008-09-03 03:03:36 PDT


 AXTERIX,decirche que non son simpatizante do pp sinon simpatizante do progreso de vilaboa un progreso que se ve estancado polos problemas entre psoe e bng, que si cando eu era alqualde ti cobrabas que si ahora eu non cobro patatin patatan,en canto a iniciatibas destes chabales novos moi pouco teñen que facer pra ser superiores os antigos gobernos pero de seguro que van facer moitisimo mais.

13. Enviado por: axterix, 2008-09-02 10:51:55 PDT

Vexo asombrado como os simpatizantes do PP xa dan por amortizado ao seu líder Carlos Fdez. Por outro lado paréceme razoable vendo a estupenda labor que fixo para que o PSOE se birlase parte do seu electorado. O que si quixera é que alguén me informase si se sabe dalgunha inciativa política deste chaval ou é coñecido noutros ámbitos.

12. Enviado por: barrenas , 2008-08-31 07:23:35 PDT

Penso que o bng xa tuvo a sua oportunidade  e non o supo facer ben en canto o psoe e coma non ter a ninguen,eu apostaria pola xente nova que si teñen ganas de facer cousas`por vilaboa e non van os plenos con rencillas personales.A miña aposta seria en principio,Rafael Amoedo alcalde Beatriz Rosendo teniente alcalde xente coa que se pode falar tanto antes coma despois das eleccions

11. Enviado por: Xabier Míguez , 2008-08-20 11:25:07 PDT

 Prezado Javier:
Non contestamos porque os comentarios de taberna son respectables, pero non deben ser obxecto de debate político. O BNG está levando adiante unha campaña para o amaño da estrada de Sobreira, pola que ti pasas todos os días, e esa é a posición pública da nosa organización sobre ese tema. Polo que nos comentaron os veciños e veciñas de alí, quedaron moi contentos coa nosa iniciativa, por certo. Supoño que falarías con algún e que cho diría. Aínda estás a tempo de asinar se queres.
Repasa os meus posts anteriores e comprobarás que as túas preguntas están respondidas.
Saudiña!

 

10. Enviado por: Xabier Míguez , 2008-08-20 11:14:29 PDT

Meu prezado Antonio:
Como saberás, das eleccións do 2007 saíu un resultado que non outorgou maiorías absolutas. O pobo de Vilaboa votou que había que falar e poñerse de acordo para gobernar e conformar un goberno forte e dilixente. O BNG acadou 1200 votos, 4 concelleiros e máis do 30% dos votos. Eu persoalmente estou moi contento dos resultados acadados e parecen suxerir que moitos veciños e veciñas vennos como forza de goberno. Por razóns que habería buscar probablemente no escuro subsconciente e consciente de certas persoas non formamos parte do goberno municipal.
Que se lle vai facer! Toca facer oposición porque non participamos nin conformamos a xestión pública en Vilaboa. Facemos oposición digna, laboriosa e sacrificada, ao servizo da xente de Vilaboa e do país. Ti que dis que facemos boa oposición, imaxínate o ben que o poderíamos facer no goberno con máis tempo e medios. Eis o pánico dalguns!
No tema da estrada de Sobreira, puxemos os focos sobre ela por unha razón perfectamente comprensible e que xa comentei nun post pasado: hai un goberno na Xunta que pode colaborar a amañala e vai acabar a lexislatura e non se vía ningunha iniciativa nese sentido.
Saudiña!
PE: Usas o manido argumento económico para atacarnos: aos militantes do BNG a política cústanos diñeiro e cando desexes facemos as contas. Non temos nada que agachar, pero é que nos encanta a política, disfrutamos con ela e pasámolo moi ben.

9. Enviado por: Javier, 2008-08-20 00:58:06 PDT

 Querido Estlb, porque no arreglarón ellos la carretera cuando estaban en el Gobierno, en aquella epoca la carretera se encontraba igual que ahora. Yo te lo digo porque tengo que circular todos los días por ella.

8. Enviado por: RGE_25, 2008-08-19 13:29:03 PDT

Hola amigos e amigas nacionalistas. Antonio, non é nengún problema que o Psoe faga súa unha iniciativa da oposición, neste caso do BNG. O tráxico é que levan cinco anos sen ter nengunha, e cando a oposición as ten, responden insultando e acusando de caciquismo aos que informan aos veciños ou fan asambleas. O verdadeiro problema é a incapacidade do Psoe para xestionar. E se non mira a súa xestión na reforma da N554. Se non fose vergoñento, sería a comedia máis taquilleira do verán. Saúde , patria e intelixencia.

7. Enviado por: Estlb, 2008-08-19 13:21:34 PDT

 Creo que aqui o problema non está en que arranxen a carretera... Aqui o tema está en que non fan nada ata que outros se movilizan senon estaría igual.
Un saúdo.

6. Enviado por: Antonio, 2008-08-19 07:05:03 PDT

 Querido Miguez: como ya te dije cuando os presentasteis a las elecciones asumisteis el riesgo de poder perder, y así fue. Fuisteis nombrados concejales por el bloque en vilaboa y aceptasteis seguir trabajando para que Vilaboa tenga futuro. Cobrais un sueldo cada ciertos meses por los plenos, comisiones... supuestamente porque representais al pueblo e intentais que éste mejore. Pues lo estais haciendo bien como oposición, dais ideas e informais al partido que gobierna de los desperfectos del ayuntamiento. Yo no hago comparaciones en negativo ni en positivo, solo digo que vuestro papel como oposición es el correcto; pero lo que no podeis hacer es que si protestais porque la carretera de Sobreira está mal y exigis que se arregle y va el el Psoe y os hace caso, intentando mejorar dicha via, cual es el problema? Si los beneficiarios son los vecinos y eso es lo que quería la gente, porque os molesta ahora que se vaya arreglar, o que es lo que pretendeis que todo esté en mal estado y vosotros poder hacer manifestaciones porque el concello no hace nada?

5. Enviado por: Javier, 2008-08-19 01:07:08 PDT

Hola señor Míguez, el otra día os hice un comentario sobre la carretera de Sobreira y aun no me contestasteis.
Yo os decía que un concejal de aquella le dijera a una persona de Sobreira que si se circulaba despacio aun se pasaba, si no lo sabes esto se lo dijo despues de las inundaciones de hace dos años. que Yo sepa no os acordasteis asta ahora de esta carretera, el estado de la misma lleva asi desde hace muchos años cuando usted era el alcalde, pero estando sentado en el sillón no se ven los vaches de las carreteras, los cuales sobre todo en esta carretera Yo tengo que soportar todos los días para ir para mi casa.

4. Enviado por: Xabier Míguez , 2008-08-16 03:22:16 PDT

 Prezado Antonio: Os teus prexuízos non che deixan avaliar a realidade. Fai cinco anos que non son alcalde, compañeiro. Aínda que só fose polas enchentes que houbo no 2006 ou polo natural deterioro producido polo paso do tempo e a falta de mantemento, a estrada foi evidentemente a peor. Por outra banda, caro amigo, cando eu gobernaba non tiña unha conselleira do meu partido a quen implicar no arranxo dunha estrada que atrae tránsitos supralocais.
O argumento da comparación en negativo, polo tanto, é falaz e maligno. E ademais leva á inactividade e á desidia.
Saudiña.

3. Enviado por: Galego, 2008-08-16 01:42:41 PDT

 Ademais si mal no recuerdo, cuando gobernaba Miguez o de obras , non o leveba o psoe?

2. Enviado por: Antonio, 2008-08-15 10:09:50 PDT

 La oposición no solo está para criticar y echar a bajo los proyectos, sino para seguir trabajando para el pueblo y con el pueblo, y si dentro de esto forma parte dar ideas al partido que actualmente gobierna, !fenomenal!, sois una buena oposición y para eso os habeis presentado. Dejar de quejaros tanto de lo mal que lo hacen los demás y de presumir de todo lo bien que lo haceis vosotros, sino como es que no habeis ganado?
Además si mal no recuerdo, esta carretea de Sobreira cuando gobernaba el señor Miguez estaba igual y no se hizo nada por arreglarla.

1. Enviado por: RGE_25, 2008-08-15 07:36:53 PDT

 Se non o vexo non o creo. Alucino co sr. Poceiro.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos