voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

Por Ornela F. Salgado, voceira municipal do BNG

 

Nula xestión

Días atrás un alto cargo da Xunta de Galiza comentounos algo que para nós é de sobra coñecido, a falta de interese e de iniciativa e a nula xestión do noso alcalde e o seu grupo de goberno. Destacaba que non podía entender como Vilaboa, coas súas características tan extraordinarias, debido a súa localización xeográfica estratéxica entre as dúas grandes cidades da provincia, estaba desaproveitando as posibilidades que desde a administración autonómica se está a ofrecer, e todo por culpa da falta de capacidade de xestión e ambición do goberno municipal do PSOE.


Dicía nun artigo o meu compañeiro Tomás que quen non chora non mama, e iso é así. Na administración municipal, como en calquera outra administración ou ámbito da sociedade hai que ter iniciativa, interese polo que un está facendo e capacidade de xestión para poder conseguir os obxectivos e proxectos que se marquen. Pero, claro, que se vai a esperar de aqueles que non teñen ningún proxecto político para Vilaboa e que gobernan a remolque das iniciativas e políticas que van marcando outros, neste caso o BNG? Aos feitos me remito: a non inclusión de Vilaboa no Plan de Acción Costeira, a N-554, a estrada de Sobreira, a Brilat…


Estamos no ano 2008, transcorrido máis de ano e medio do novo mandato municipal do grupo de goberno do PSOE e a piques de rematar a primeira lexislatura do goberno bipartito da Xunta de Galiza, e as cousas cambiaron ben pouco ou nada e non o dubidedes, mal que nos pese, a este ritmo tampouco teñen previsión de cambiar. Vilaboa segue sen ter o PXOM aprobado, despois de máis de oitos anos desde que se iniciara a súa tramitación, alá polo ano 2000, sendo Xabier Míguez alcalde. Vilaboa segue sen poder contar con un polígono industrial, con todo o que isto supón, entre outras cousas que as empresas estean pensando fuxir do noso concello. Vilaboa segue sen Centro de Día, e iso que o único que o concello ten que facer é pór a disposición da Vicepresidencia da Xunta de Galiza un terreo adecuado para elo.


Se hai algo que diferencia á mala política da boa política é a capacidade de xestión de quen fai uso dela. Están os que usan a política para facerlle favores a uns cantos, aqueles que non queren quedar mal con ninguén e, que por medo a iso pensan que o mellor é non facer nada, non vaia a ser. E pola contra, están aqueles que son coñecedores das necesidades e das posibilidades do seu concello e como consecuencia marcan uns obxectivos, buscan os recursos e medios e xestionan para conseguilos.


Ao alcalde e a súa troupe quédalles moito que aprender.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

EDITORIAIS ANTERIORES

(18/09/08) Día a día

(06/08/08) Con este goberno, vaiche boa Vilaboa!

comentarios recibidos (3)

Enviado por: italiana, 2008-12-02 13:39:27 PST

3. É che ben certo mala herba nunca morre, pero ten paciencia, cedo ou tarde todo se pon no sitio. O malo é que estamos nunha etapa de pasividade absoluta e calquer novo cambio que se lle propón a xente xa o ven como unha amenaza.

Enviado por:Tigana, 2008-11-29 03:25:49 PST

2.  É igual miña filla! Por mais que lles digas,.... por mais que lles demostres...e como predicar no deserto ou dar de xantar rosas ós porcos....entralles por unha orella e salelles pola outra.
Non entendo a indiferencia dalguns, ven como van as cousas pero non se deciden a dar o paso para tentar cambialas.
O final seguiran "gobernando" os de sempre (o de gobernar é un dicir).
Será por aquelo de "mais vale malo coñecido....?"

Enviado por: Pásao, 2008-11-24 11:34:58 PST

1.  O panorama é desalentador e aínda nos quedan outros dous anos de poceiritis.

comenta este editorial

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos