voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

Por Ornela F. Salgado, voceira municipal do BNG

 

Ao día a día nos remitimos.

Segundo a teoría política, todos aqueles que se adican á política deben posuír tres calidades fundamentais: a primeira, o compromiso e lealdade  coa sociedade civil e política a que pertence e que representa; a segunda, ter capacidade para desempeñar as responsabilidades do seu cargo e gobernar dando resolución ás demandas da cidadanía; e a terceira, e a máis difícil de alcanzar, posuír virtudes éticas para saber gobernar. 

Segundo a Real Academia Galega, ética é o conxunto de normas establecidas polo costume, que regulan as relacións e o comportamento na sociedade ou nos distintos ámbitos da actividade humana. A ética política, por tanto, pode definirse como a parte da ética que se ocupa dos principios ou normas de acción que deben dirixir o comportamento do político na súa calidade como gobernante. A ética política vai unida ao alcance do ben común. Todo gobernante, unha vez chegado ao poder, ten que ter presente a ética nas súas manobras e movementos para poder alcanzar o ben común. Un goberno ten éxito cando a súa política e os seus feitos satisfagan as necesidades e aspiracións do seu pobo e estas contribúan ao seu progreso. O ben común é o principio e fin ético da política.

Gobernar é servir aos intereses comúns, ao interese xeral. Este, e non outro, debe ser o motor que impulse aos políticos, aos gobernos e gobernantes.

Desde a Grecia clásica, da man de Platón ou Aristóteles, ata a época máis actual, con Riker ou Habermas, todos eses filósofos e teóricos estudiaron cal era o modelo máis idóneo de conseguir o ben común. Sen lugar a dúbidas, a premisa máis adoptada é que o bo goberno é aquel que é forte e estable, aquel que ten uns obxectivos claros e que defende os intereses de todos os seus cidadáns. Aquel que non antepón os seus intereses particulares e partidistas aos intereses de todos, do seu pobo, ao ben común. 

Preguntarédesvos que a que se debe toda esta exposición sobre teoría política, pois non ten outro propósito máis que a simple comparación co goberno do PSOE de Vilaboa. Nun dos últimos plenos o alcalde, o Sr. Poceiro, deleitounos con unhas declaracións nas que dicía que o seu único obxectivo político era que o BNG non gobernase Vilaboa. Exemplo de que o ben común, os intereses de todos non é o que máis interesa a quen nos goberna. 

Falaba, parágrafos atrás, de que para alcanzar o ben común fai falta ter un goberno forte e estable, cousa coa que, actualmente, non podemos contar. Lembrade que en maio de 2007 todos os veciños e veciñas acudiron ás urnas, e pese a que o reconto nos dou escenas de verdadeira euforia, vida a menos co transcurso da noite, por parte dos que pensaban que isto de gobernar en maioría ía ser pan comido, os votos demostraron que os cidadáns querían un goberno múltiple e non formado por un único partido, un goberno forte e estable que ofrecera un proxecto de futuro para Vilaboa e aproveitase as oportunidades que ofrecía o goberno da Xunta de Galiza. 

Un ano despois, o clima político de Vilaboa segue sendo o mesmo que nos catro anos anteriores a esa cita de maio do 2007. O goberno do PSOE non quere entender que os veciños non lle outorgaron a maioría que con tanta precipitación eles xa celebraban, e antepoñen os seus intereses ao interese xeral.  

O goberno do Sr. Poceiro non é capaz de sacar adiante ningún proxecto, e é falto de ideas. O único que si sabe é facer oposición da oposición. Moléstalle cando o BNG pon en riba da mesa ideas, cando facemos xuntanzas cos veciños porque hai un problema que resolver e queremos escoitalos e darlle solución, cando criticamos a xestión do grupo de goberno, cando non votamos unha proposta de orzamentos débiles e fracos de inversións e proxectos, pero con un abundante gasto ordinario, cando somos intransixentes con unha postura de pasotismo e falta de palabra cos acordos plenarios e compromisos pola N-554... 

Os seus reproches son sempre con un ton nada agradable, chegando, cando hai falta de argumentos á falta de respecto e, incluso, ao insulto.  

Verdadeiramente, credes que este Alcalde e o seu equipo cumpre cos requisitos que un bo goberno e gobernante deben ter? Pensades que é o interese xeral e o alcance do ben común o que move a política levada a cabo polo goberno do PSOE? 

Ao día a día me remito.

EDITORIAIS ANTERIORES

(06/08/08) Con este goberno, vaiche boa Vilaboa!

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Luis, 2008-09-17 13:24:27 PDT


 O artigo pareceme que acerta no que di. Seguide así que o voso traballo verase correspondido pola xente. Facedes da política algo grande.

comenta este editorial

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos