2009
Estes son días de propósitos, de establecer uns obxectivos a realizar neste novo ano, e na política municipal non vai ser menos.
No noso caso máis que marcarnos unhas novas metas estaríamos falando de continuar coas xa marcadas porque, desde que comezou esta lexislatura, o BNG sempre tivo moi claros os seus obxectivos, e na súa gran medida esas son as mesmas intencións que nos marcamos para o ano 2009. O noso modo de facer política e os nosos obxectivos e proxectos non van variar porque, mal que nos pese, desde o goberno municipal non se fixo ningunha xestión encamiñada a súa consecución e case todos seguen sen realizarse.
Para empezar, seguiremos sendo a referencia para a solución de problemas de todos os veciños do noso concello, e os que marquemos a axenda política do noso concello, como está sendo desde o principio desta lexislatura,. O que todos queremos é o progreso do noso concello. Durante o 2008, seguindo a mesma liña que desde que comezou este mandato, Vilaboa desaproveitou moitas oportunidades procedentes da Xunta de Galicia, producto da incompetencia do goberno municipal e iso é algo que non se pode volver a dar e polo que nós seguiremos traballando, formulando políticas e propostas en positivo, sempre tendo en conta as peticións e problemas que os nosos veciños e veciñas nos manifesten, e tendo como único guión optar polo mellor para Vilaboa.
Un dos nosos obxectivos máis primordial é que Vilaboa conte, de unha vez por todas, con un Plan Xeral de Ordenación Municipal. Pola nosa parte imos pór todo o que estea nas nosas mans para que salga adiante, pero sempre e cando sexa un plan co que salga ganando todo o noso concello. Seguiremos facendo as nosas propostas como o levamos facendo todo este tempo, desde que se iniciara o procedemento, no ano 2000, sendo Xabier Míguez alcalde.
Queremos que Vilaboa conte con unha rede de equipamentos e servicios sociais. No noso concello xa contamos con unha Galescola, que a Vicepresidencia de Anxo Quíntana puxo en marcha fai case dous anos, pero non é suficiente. Tamén queremos contar con un Centro de Día para os nosos maiores e para que as nosas mulleres, na maioría das veces coidadoras, se poidan integrar no mundo laboral.
Entre os nosos obxectivos está que os nosos veciños e veciñas sexan o menos vulnerábeis posible á crise que está a acontecer. Para iso xa propuxemos que se tiveran en conta a xente en situación de desemprego do noso concello a hora de formular proxectos para o Fondo de Inversión Local, porque o primordial é que esta xente encontre traballo.
Por último, tamén lle recomendaría ao Alcalde e o seu equipo que marcase os obxectivos e proxectos para este ano, que non llos vexo moi claros, e que, a poder ser, incluíse entre a lista de cousas a mellorar para o 2009 o de dar exemplo, ou polo menos non dar tan mala imaxe aos cidadáns, tanto na súa capacidade de xestión e de goberno como no referente ao seu comportamento na participación nas sesións plenarias.
O máis seguro é que ao remate do 2009 esteamos a recontar os “despropósitos” do goberno municipal do PSOE que a marcar os propósitos do ano seguinte.

EDITORIAIS ANTERIORES
(23/11/08) Nula xestión
(18/09/08) Día a día
(06/08/08) Con este goberno, vaiche boa Vilaboa!
comenta este artigo
    |
|
AXENDA |
|