Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
LIÑA EDITORIAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

BNG Vilaboa. 03/05/2009

Por qué está o alcalde nervioso?

Os plenos municipais nos últimos meses xa non viñan sendo o que eran. Non é que que se perdera a inciativa ou o debate político, non, simplemente xa non se insulta tanto. Cando se fala de insultos refírese aos que por parte do alcalde dirixía aos membros da oposición, nomeadamente os do BNG.

Habería que remontarse ao mes de xuño do ano pasado para ver ao noso alcalde nunha actitude tan lamentable como a que mostrou o pasado mércores 29 durante o pleno ordinario do mes de abril. Daquela a imprudencia do BNG consistira na presentación dunha moción acompañada dunha campaña de recollida de sinaturas para que o goberno municipal propuxese, á daquela consellería socialista de Política Territorial e Obras Públicas da Xunta, a sinatura dun convenio para rematar co calamitoso estado do vial que vai a Sobreira. Collido en fóra de xogo, aderezou daquela a sesión plenaria con todo tipo de insultos, empezando por esa coletilla que tanto lle gusta, "...hai que ser seríos...", e remantando coa novidade de entonces de que aos do BNG "...había que colgalos dun pino...". Seguramente pensaredes que llo copiou a Fraga, que nunha conferencia en Madrid dixera algo parecido, pero non, el nesta ocasión anticipouse. Nisto dos improperios o noso alcalde supera ata o mismísimo Don Manuel.

Pois ben, dende entonces o comportamento do noso alcalde nos plenos fora pouco a pouco mellorando no tono, chegando nos últimos plenos antes das eleccións a recoñecer que moitas veces non se xestionaba ben, e incluso recoñecéndolle ao BNG a iniciativa política en moitos asuntos como positiva para o interese de Vilaboa. Pero como dí o refrán dos vellos, A raposa cambia o pelo pero non as mañas, e así esta semana pasada volveu ás andadas.

Nesta ocasión a grave imprudencia do BNG foi por por escrito algo que é de coñecemento público. O vial municipal que descorre por detrás da casa do concello ata o cimeterio de Vilaboa, era usado a cotío polos camións dunha planta formigoneira. Este vial relativamente novo, asfaltado na lexislatura de Xabier Míguez como alcalde está gravemente deteriorado polo paso dos camións. Estes, durante o mandado de Míguez saían da planta a estrada xeral a través doutra pista e tiñan a unha persoa para darlle paso e evitar accidentes. O concello cambiou de alcalde e a empresa cambiou de maneira de proceder, pasando a darlle saída aos camións a través do mencionado vial. Evidentemente, cando isto se fai durante anos é porque hai un consentimento implícito do goberno municipal.

O alcalde non aturou que isto se puxese por escrito e moito menos que a prensa o reflexase. Para este goberno municipal as cousas adquiren a categoría de importante cando saen nos periódicos e aproveitou a ocasión para mergullarse na salsa que máis lle gusta, a de substituir o debate político razonado polo dos insultos. Recuperou o seu repertorio habitual, ineptos, estúpidos, sinvergüerzas, mala xente, etc. rematando nesta ocasión con aquilo de "... se eu fose voso pai, dábavos unhas bofetadas ..." O remate hai que recoñecer que é menos drástico ca aquel de colgarnos nun pino.

Pero a pregunta é por qué o alcalde despois de varios meses volveu a perder os papeis? A resposta habería que buscala no desgaste político do alcalde e o seu grupo de goberno e a falla dun proxecto político para este concello que os está a levar á parálise na xestión. Mediada a lexislatura actual non se lle coñece unha soa idea ou proposta. Atrás quedan as promesas electorais como a do abastecemento de auga para todo o concello, o gran paseo marítimo dende Paredes ata San Adrián, a conexión á AP9 dirección Vigo en Barbeita, o tanatorio, o centro de día, a biblioteca na zona Norte, a olimpiada de xogos tradicionais, o PXOM, etc.

Meses atrás a nosa voceira calificara a este goberno municipal como de conservación e mantemento. Agora mesmo nin iso. O colapso na xestión municipal chega a tal extremo que se ven incapaces de retirar uns colchóns vellos tirados en plena travesía do Camiño Portugués na parroquia de Figueirido. A pesares de que se denunciou hai dúas semanas, o alcalde afirmou no pleno que non sabía moi ben que facer coas escombreiras que hai nos roteiros, e ahí siguen, como o mellor escaparate nos que os pelegrinos que fan o percorrido a Compostela nesta ponte festiva teñan a oportunidade de coñecer de primeira man a ineficacia do noso goberno.

Outra das causas polas que o noso alcalde, víctima da súa propia ineficacia e da do seu equipo de goberno, perda os papeis desa maneira podería atoparse nos resultados electorais de marzo. A perda do goberno da Xunta polo bipartito deixou a noso goberno municipal moi debilitado xa que este actuou en moitas ocasións como táboa de salvación. Cun goberno en minoría e coa administración provincial e autonómica de cor popular, apoderouse o pánico deles. Aínda tendo o goberno autonómico do seu partido político, tiña que ser a oposición os que tiveran que presentar as inciativas, lémbrese o caso da pista a Sobreira como exemplo. Os resultados electorais na parroquia do alcalde certifican o seu desgaste político, xa que foi a única forza que perdeu apoio popular.

No BNG asumimos que isto vai ser o habitual no que resta de lexislatura, e contra iso só podemos actuar dunha maneira, reafirmarnos no que vimos facendo dende que comenzara, nós facendo propostas encamiñadas a mellorar as condicións de vida dos nosos veciños e eles se queren que sigan insultando. A palabras necias, oidos xordos.

 

comentarios recibidos (10)

10. Enviado por: Monstruo!, 2009-05-21 02:29:24 PDT

Onte contáronme o do vídeo e a verdá e que e a ostia. E a fiscalía non actúa de oficio con indivíduos coma este? Insultos, amenazas, vexacións...

9. Enviado por: Muchacha, 2009-05-20 15:06:01 PDT

Joder! que ben se pasa nos plenos de Vilaboa. O próximo non mo perdo, e espero que estea así de animado. O que hai que ver, e estes son os políticos que nos representan??? así nos vai. Un maleducado insulta e nadie toma medidas??? Grazas polo vídeo, estas cousas mola velas. E noraboa pola web, está moi currada.

8. Enviado por: Veciño do Toural, 2009-05-16 01:18:05 PDT

Son veciño do Toural e o alcalde ten comentado que había que ser comprensivos coa planta porque se portaban ben co Concello. Iso teno dito máis dunha vez.

7. Enviado por: MARCOS CONDE, 2009-05-09 11:23:29 PDT

visto a actitude de Poceiro, simplemente alucino, un alcalde non pode ser tan maleducado.

6. Enviado por: GRUPO MINICIPAL BNG, 2009-05-07 01:15:01 PDT

A planta de formigón accedía á N-554 despois do cemiterio de Vilaboa en sentido Acuña e para iso colocaba a unha persoa para que lle dera paso. Isto é de público coñecemento e non será obxecto de discusión. A pista do cemiterio asfaltouse no ano 1999 e os camións comeza a usala a partir do ano 2004 co cambio de goberno municipal. Pretender que este cambio de práctica na circulación non foi aprobado pola alcaldía é descoñecer como funcionan as cousas nun municipio pequeno coma Vilaboa.
Segundo, o alcalde ten comentado en varios lugares e varias persoas que "a planta de formigón pórtase ben co concello" (o formigón é unha arma caciquil de gran calibre)  e o concello ten que ser comprensivo con ela. A isto chámaselle pacto aquí e e en calquera lugar do mundo, aínda que sexa verbal e ten a mesma validez có escrito.
Por último, o BNG debe lembrar que a pesar da prohibición do Pleno a día de hoxe (07/05/2009) os camións de formigón seguen pasando e destrozando a pista municipal que pagamos cos cartos de todos.
Un saúdo do Grupo Municipal.

5. Enviado por: barrenas, 2009-05-06 12:27:27 PDT

Non quero xustificar a actuacion do alcalde pero as acusacions ai que demostralas un 0 po alcalde pero tamen un 0 po bng por non aportar provas

4. Enviado por: pazos, 2009-05-05 06:02:01 PDT

Vos pensades que se pode poñer calquer cousa no periodico ainda que non sexa certa, e normal que o alcalde se vote a vos con certas cousas que se as dixeran de vos non vos gustarian.

3. Enviado por: Socialista72, 2009-05-05 05:55:16 PDT

Dame vergonza, hai outros xeitos de expresarse. Despois queremos presumir de talante, repito dame vergonza, todo é política e non todo é válido se a queremos dignificar.

2. Enviado por: pedro, 2009-05-04 03:26:23 PDT

Se o pleno chega a ser despois do partido do Barça co madrid, córrevos a gorrazo limpio.Tuvestes suerte...

1. Enviado por: Limbo, 2009-05-03 12:45:23 PDT

Extraordinaria análise do que está a suceder na política municipal de Vilaboa.

comenta este editorial

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

MULTIMEDIA

EDITORIAIS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.