Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Un mes despois de acordarse en pleno, o concello aínda non comenzou os trámites para realizar o deslinde con Marín
(infobloque-vilaboa.com 03/06/08) A pesares de que xa o mes pasado o BNG advertía ao equipo de goberno do concello de Vilaboa, de que comunidades de montes limítrofes de Vilaboa e Marín ían amolloar os seus respectivos montes comunais, o que se traduciría nun establecemento dos límites muncipais entre Vilaboa e Marín (competencia que é exclusiva do concello), o PSOE non moveu aínda nengún papel.
O concelleiro Cándido Rosendo preguntou no derradeiro pleno municipal celebrado o pasado 28 de maio si o goberno municipal iniciara os trámites, dada a urxencia do tema. O equipo de goberno, xustificando a súa inoperancia, alegou que era necesaria a creación dunha comisión con representantes das distintas forzas políticas, sen que ata o momento mostraran o maís mínimo interese por inciar estes traballos. A liña divisoria actual é arbitraria e creadora de permanentes conflictos entre comunidades de montes lindeiras. Neste asunto, no que está en xogo a integridade territorial de Vilaboa, o PSOE parece que vai aplicar a mesma política que noutros, a desidia e a falla de voluntade política.