SALGADO DEMANDA UNHA ACTUACIÓN URXENTE POR PARTE DO GOBERNO LOCAL
A subida a Os Areeiros xa non ten vistas ao mar

infobloque-vilaboa.com | 09/06/10 | (0) |
|
Ornela Fernández Salgado, voceira nacionalista, ven de denunciar no día de hoxe que as pistas municipais que transcorren polos barrios e parroquias de Vilaboa atópanse nunha situación lamentable, xa que as cunetas e as beiras están atuídas pola maleza e o escombro, chegando, nalgunhas ocasións, a prexudicar o tránsito dos vehículos.
Este é o caso, por exemplo, da pista da Cabreira de acceso ao barrio de Areeiros, en Santa Cristina de Cobres, vial no que ata hai pouco se podía desfrutar dunhas inmellorables vistas sobre o nacementeo da ría de Vigo namentras se subía o baixaba por ela, tanto no coche como a pé. Mesmo o pequeno parque-miradoiro que se acondicionara á beira do vial, hoxe é un silveiro no que incluso a maleza engulliu os bancos. Exemplos hai máis como a pista das Salinas.
Estes viais son un exemplo máis do calamitoso estado de moito dos viais municipais do noso concello. "O goberno municipal, ante a catastrófica situación deste e outros viais, debe acometer un programa de actuación a medio prazo no que, primeiro se lle dea prioridade aos viais que necesitan unha urxente reparación xa que en moitos casos son case intransitables, e segundo que o goberno municipal sexa rigoroso con todas aquelas actuacións que se levan a cabo neles, como obras de acometidas de saneamento, abastecemento de auga, realización de muros, etc que implican un deterioro dos viais e que ao finalizar as obras non se arranxan como é debido e que provoca un enorme deterioro dos viais, en algúns casos recen asfaltados" afirmou Fdez. Salgado.
A voceira nacionalista tamén denunciou que o tractor co que conta o concello leva meses sen ser usado. “ Cando non está no taller está parado, e iso non se pode permitir estando as pistas como están. Se fas un cálculo entre o uso que se lle está dando e os cartos que se gasta na súas múltiples reparacións, pois a verdade é que é un malgasto de cartos. Se o tractor estivera desbrozando periódicamente pois non se chegaría a situación actual na que se atopan os vias. Isto ven a demostrar o descontrol e falta de coordinación e xestión que caracteriza ao goberno municipal”, declarou a voceira nacionalista.
comenta esta noticia |
 |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|