voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

A AMPLIACIÓN DA AFECCIÓN DO VALADO EXTERIOR A 300M AFECTA SUSTANCIALMENTE AO BARRIO DE POSTEMIRON. O BNG CONVOCA A UNHA ASEMBLEA AOS VECIÑOS O VINDEIRO SÁBADO 18

A ministra socialista de Defensa ampárase nunha lei franquista para afectar máis de 200 hectáreas das parroquias de Vilaboa e Figueirido ó redor do cuartel de Figueirido

(infobloque-vilaboa.com 15/10/08) Báseandose na aplicación dunha lei franquista (Lei 8/1975, de 12 de marzo), a ministra socialista de defensa Carme Chacón ven de establecer no cuartel da Brilat de Figueirido unha zona de seguridade de 300 metros, medidos desde o perímetro exterior da base militar.

A orde do Ministerio de Defensa saíu publicada o pasado día 8 de outubro no Boletín Oficial do Estado (BOE). A entrada en vigor desta normativa afecta a vivendas e terreos, tanto privados como particulares do concello de Vilaboa. As parroquias afectadas son as de Vilaboa e Figueirido, sendo Postemirón o lugar máis directamente prexudicado debido a que esta delimitación implica que o seu núcleo estará dentro de dita zona de seguridade.

Segundo esta orde, esta será unha zona de seguridade próxima, o que supón que non poderán realizarse obras, traballos, instalacións ou actividades de clase algunha sen a autorización previa do Ministerio de Defensa. Isto significa que a aplicación desta orden ministerial implicará que a construcción de novas vivendas,  a realización de obras de conservación das edificacións xa existentes, o aproveitamento forestal ou a simple tala de árbores necesite, con anterioridade, o permiso do Ministerio de Defensa. Así mesmo o ministerio resérvase o dereito de inspección sobre calquer traballo que se acometa na zona de afección.

Ornela F. Salgado declarou que esta Orde Ministerial debería recoñecer as peculiaridades do territorio galego así como o seu asentamento poboacional, xa que non é o mesmo impoñer esas afeccións noutras bases militares da península, situadas normalmente en lugares deshabitados, cunhas grandes extensións de terreo valeiro ao seu arredor que no caso da Brilat que se atopa situada no medio de núcleos habitados e trátase dunha afección que triplica a de costas, por exemplo.

Por outra banda suliñou tamén a desinformación do goberno socialista de Vilaboa nunha medida tomada polo seu partido político e que afecta de forma tan negativa ao noso concello. Unha vez máis, e como ven sendo de costume nos ministerios do goberno socialista, os veciños e afectados pola entrada en vigor desta normativa enteráronse pola prensa, sen que fosen informados previamente nen por parte  do Ministerio nen do propio concello. A voceira nacionalista tamén anunciou que o vindeiro sábado día 18 convocará aos veciños de Postemirón no local social do barrio ás 7 da tarde para dar a coñecer as medidas adoptadas polo BNG de Vilaboa.

comentarios recibidos (10)

10.Enviado por: David, 2008-10-28 14:08:53 PDT

Email Address: yogysp@gmail.com

 Hola

Estou de acordo con tigo Marcos en todo o que dis, tes moita razon.

Barreras, volvendo o tema da auga, intentarei explicarche algo, estas mezclando temas e manantiles, explicome.
En Postemiron hai duas augas, a Nova e a Vella.

A Auga vella e a que esta encima da casa de Meleano, esta declarada e e dos veciños de Postemiron.

A Auga Nova, e a do deposito que esta na pista da Graña, que foi recientemente reformado. Ti dis que foi unha cacicada, que conste que eu non defendo a directiva da comison de augas, xa que a miña umilde idea era que se reformara pero con depositos individuales, como estaba antes, ou de facer un pozo solo, cambiar a General, e meter unha boa General en vez de 20 mangeuiras pequenas. Bueno pous este pozo reformouse e cada veciño tivo que pagar 1500 Euros, pero antes desto fixerones varias reunions, pa falar do tema, e a maioria dos asistentes votaron por facer un pozo general e non pozos individuales., Asi que se a maioria aceptou ahora non vale de nada queizarse, hai que dacelo antes de decidir as cousas.
Isto e o que ti decias:
"o que e penoso que catro que hay por postemiron puxeranse a tirar o deposito que habia e fixeron un peor sin consultalo cos veciños so se acordaron deles pa cobrarlles 1500€ e dician "se non pagas cortamosche a auga" iso en estes tempos dime ti se non e represion e roubarnos."
Eu creo que non e asi como contas.

E por ultimo a auga que se reclama do cuartel son uns manatiais que estan moito máis arriba, e non teñen nada que ver con estes dous dos que za Postemiron ten legalizados.

No da riqueza que xenteraou xenerou o cuartel, preguntalle os cartos que ganou  Defensa cando vendeu os terreos de Campolongo, non me fagas demagogia coa xente que coma meu avo traballou ali, non se fixo rico, simplemente ganou pa comer, pero os que venderron o cuartel de Campolongo eses si que sacaron pasta, e sen embargo compraranno a 7 ptas o m2.Eso si que o chamo eu roubar.

Bueno non me lio mais, jaja  un Saudo

Rexistrarvos en www.postemiron.es

9.Enviado por: Barrenas, 2008-10-25 03:04:53 PDT

 Neses anos riqueza era ganar pa comer e meu bisabuelo meu abuelo e moitos mais ganaron pa iso.O tema da agua por iso digo que esta dificil de quitarlla,pero ai de donde explotar mais agua para postemiron,o que pasa que estan os catro caciques do pueblo a facer das suas.¿Porque nadie quere explicar o tema actual da agua? ¿porque se tirou un bo deposito e se fixo un peor? todo CACICADAS dicho un de postemiron

8.Enviado por: Marcos, 2008-10-24 12:41:06 PDT

No tema da auga, algo pero non todo podocho explicar.

o Exercito dí. EL AGUA ES NUESTRA.
e despois sae no BOE e asunto resolto. é legal.
pero teño que explicarche que entorno a 1960 o "Democratico" Ayuntamiento de Vilaboa. por petición do Ministerio Competente "acordou" (non lle quedaba outra) ceder ó Cuartel uns manantiais de auga que están fora do que naquel momento era terreno do Cuartel.  Solución - cederlles o terreno.
inicialmente 5 hectareas que na practica se convertiron en 30 hectareas. pero claro é o Cuartel. é o Ministerio de Defensa é en último caso o Estado Español.
e en canto a que deron riqueza ós que traballaron construindoo. ¿?.
so tes que recordar en que ano se construiu. os que traballaban non se facian ricos, nin moito menos.
ainda agora para facerte rico seguro que non o logras traballando, je, je,
a maioria dos traballos foron realizados por militares de reenplazo.
eu cando fixen a mili cobraba 1500 ptas. ó mes. por presos durante a época que foi penal. e os últimos traballos que son os máis importantes os fan empresas privadas. traballadores de Vilaboa. non creo?.

creo que o que máis rentabilidade lle quitou ó cuartes foi aquel home que ia a buscar as sobras das comidas para darllas ós animais.

7.Enviado por: barrenas, 2008-10-22 05:54:47 PDT

Boas,David
no de riqueza refirome a que moita xente de postemiron traballou na construccion do cuartel,polo tanto cobraron uns cartos que supon riqueza pa eles.simplemente iso.
No dos terrenos estou totalmente dacordo con tigo.
No da agua porque estou equivocado, podesmo alarar gracias.

6.Enviado por:david, 2008-10-21 02:01:27 PDT

Hola.

Barrenas, non sei donde sacaches eso de que trouxeron riqueza a postemirón, eu vivo ali dende hai 29 e non a vexo.
No tema da auga estas moi equivocado barrenas, estas falando sen ter idea, e claro que a auga e as casas, estaban antes que o cuartel.

A min non me molesta o cuartel, pero o que e dos veciños ou de particulares no pode ser exercito, asi sen mais.

O Estado fai o que lle peta,Ej:
Compran os terreos do cuartel de campolongo a 7 pestas/m2 e despois tiran todo e vendeno por unha millonada.

Con Postemiron pasa ou podera pasar o mesmo.

Enviado por: Detomeza, 2008-10-18 12:34:10 PDT

5. Eu tanto xa non che sei, pero estaria antes a auga co cuartel...

Enviado por: barrenas, 2008-10-18 06:23:13 PDT

4.  o tema da auga e unha cousa moi complicada porque a auga sempre foi do cuartel, o que e penoso que catro que hay por postemiron puxeranse a tirar o deposito que habia e fixeron un peor sin consultalo cos veciños so se acordaron deles pa cobrarlles 1500€ e dician "se non pagas cortamosche a auga" iso en estes tempos dime ti se non e represion e roubarnos.

Enviado por: Detomeza, 2008-10-17 12:54:34 PDT

3.  Barrenas, e anos máis atrás deronlle estas forzas de ocupación  como eu lle chamo moita miseria e represión a nosa nación pero iso moitos semella que xa o esquecestes, e agora roubanvos auga, terreos e liberdades nas vosos bens.

Enviado por: barrenas, 2008-10-16 03:10:55 PDT

2.  Detomeza,as forzas de ocupacion como ti dis deronlle anos a tras moita riqueza a postemiron pero muitos xa parece habelo olvidado.

Enviado por: Detomeza, 2008-10-14 13:29:20 PDT

1. España é nosa ruina, fóra as forzas de ocupación. Postemirón ceibe.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos