Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Veciños e grupos políticos descoñecen o trazado definitivo
Fomento inicia as obras da N-554 sen presentar o proxecto
(infobloque-vilaboa.com 22/08/08)O Ministerio de Fomento iniciou as obras da "grande rúa de Vilaboa" sen explicar en que consisten. Comezounas en dous tramos, un na zona do cemiterio de Vilaboa e outro na zona do Matiño en San Adrián.
Como é sabido, o BNG leva anos defendendo que a reforma desta estrada ten que consistir en aumentar a seguridade vial para peóns (beirarrúas e iluminación) e seguir permitindo a mobilidade dos coches nos accesos aos distintos barrios que esta estrada vertebra. Tamén consideramos que, agás pequenos tramos nos que se pode reducir a sinuosidade do trazado, non é necesario un aumento da velocidade de referencia da vía. Así mesmo, débese resolver axeitadamente o que é o entronque coa N-550.
O último proxecto coñecido de Fomento reducía drasticamente a posibilidade de accesos aos barrios (todos sen excepción se vían afectados en maior ou menor medida) e aumentaba a velocidade de referencia da estrada. Realizado sobre unha cartografía desfasada, o proxecto afectaba a numerosas casas e quinteiros da traza.
O BNG promoveu que o Pleno de Vilaboa se pronunciase a favor de que Fomento cumplise co compromiso, adquirido con anterioridade cos veciños e grupos políticos, de presentar o proxecto antes do inicio das obras, o que foi aprobado por unanimidade dos membros da corporación hai tres semanas no Pleno de agosto.
Sen embargo, o equipo de goberno de Vilaboa non foi quen de facer cumprir este acordo plenario. Primeiro dixo que non atopara interlocutor en Fomento e despois falou de que non era legal unha paralización.
O BNG cre que este é un exemplo máis da incapacidade de xestión do goberno municipal e que había suficientes argumentos para unha posición de forza diante do ministerio de Fomento. Isto garantiría que os intereses dos veciños e veciñas de Vilaboa fosen respectados cando se achegue o momento de consensuar o tratamento que van recibir os accesos aos barrios e a protección vial dos núcleos urbanos.
O BNG entende, por último, que a sociedade de Vilaboa ten que plantexarse como obxectivo inmediato que Fomento deixe de ter competencias sobre esta estrada.
Se non entendo mal, Fomento vai facer o que lle pareza nesa estrada para que os coches vaian máis a correr. A nós, veciños de Vilaboa, que non pudran ou?