Aínda que o Psoe de Vilaboa apoia as mobilizacións
Unha concelleira socialista non permite a colocación de cartaces a favor da reforma da N-554 diante da súa vivenda

(infobloque-vilaboa.com 12/08/08) Membros da Plataforma Veciñal pola reforma da N554 foron increpados a semán pasada pola concelleira socialista María Canosa cando pretendían colocar uns cartaces diante da súa vivenda á beira da estrada, nos que se pide a Fomento que non engane máis aos veciños de Vilaboa.
As persoas que colocaron os cartaces e pancartas que se colocaron ao longo dos 10 Km da estrada non se atoparon con nengún atranco exceptuando o impedimento da concelleira socialista.
Esta actitude é continuista da adoptada polo PSOE e o alcalde Luis Poceiro no derradeiro pleno municipal onde se alporizou porque o grupo municipal do BNG presentara unha moción pedindo que o concello colaborase económicamente coa plataforma veciñal.
A pesares que de sempre o alcalde de Vilaboa manifestou que sería o primeiro en encabezar as mobilizacións se o Ministerio de Fomento continuaba a enganar aos veciños de Vilaboa, o certo é que, os feitos demostran o contrario. As súas accións van encamiñados en entorpecer as protestas veciñais con estratexias tan absurdas como as de intosicar con mensaxes tales como que o BNG pretende que non se faga a reforma da estrada.
NOTICIAS RELACIONADAS
(31/07/08) Vilaboa esixe a Fomento que presente o proxecto de reforma da N-554 antes do inicio das obras
(05/07/08) Un milleiro de veciños e veciñas de Vilaboa maniféstanse para esixir a reforma da N-554.
(24/06/08) O BNG esixe ao goberno municipal os resultados das xestións feitas para solucionar os atrancos na reforma da N-554.
(18/06/08) O plan director de estradas presentado por Touriño asume a postura do BNG de traspasar a estrada N-554 á Xunta.
(25/04/08) O BNG apoiará as mobilizacións que se convoquen para demandar o arranxo da N-554.
Boletín informativo do BNG distribuido no verán de 2006 adicado á reforma da estrada N-554.
comentarios recibidos (12)
12. Enviado por: Estelb, 2008-08-17 11:19:31 PDT
Creo que o que quero decir xa o argumenta perfectamente EVA_.
Por certo, por que van ir as críticas para os do PP se eles non son os que nos gobernan??? |
11. Enviado por: Eduardo, 2008-08-17 10:38:08 PDT
Volvo a repertir que por suposto que cada un pode opinar o que queira, pero o que non non é lóxico nin sensato é que sí pertences a unha plataforma ou a unha asociación de veciños que o que defende é que comecen as obras da nacional, non podes ir dicindo que non queres que se arranxe a estrada porque senon tiranme co "muro da miña casa"; primeiro porque te contradices a ti mesmo, e segundo porque formas parte de unha asociación e oq ue fas de esta maneria é sacarlle credibilidade á plataforma e a que a xente invente cousas, se canse de todo esto e deixe de ir as manifestacións como ocurriu no cruce do paso de peóns que eramos catro pelagatos. |
10. Enviado por: Detomeza, 2008-08-15 13:33:04 PDT
Pois a min pareceme que a portavoz da plataforma repite con moita exactitude o discurso de luis poceiro, non entendo por que deixaron pasar tanto tempo sen nengún tipo de manifestación, esa carretera é a maís penosa de toda a provincia. Louro fai unha autopista por ahí xa estou farto de pagar a peaxe. |
9. Enviado por: Eva_, 2008-08-15 12:08:09 PDT
En resposta aos comentarios de Eduardo, a min gustaríme dicirlle que cada persoa pode opinar libremente independentemente da súa ideoloxía política. Respecto a que as asociacións veciñais estean conformadas, na súa maioría, por simpatizantes ou militantes do bloque eu, persoalmente, é algo que agradezco porque son os únicos que verdadeiramente defenden os intereses dos veciños (veuse claramente no tema da N-554 durante todos estes anos de loita). Súpoñome que se as críticas van para o PSOE é porque son os que teñen capacidade de que a reforma se faga dunha vez e os que teñen que presentar o proxecto, eles son os que gobernan tanto na administración local como no Estado.
Os que teñen interese político, en todo caso, son os do PSOE porque durante todo este tempo non foron capaces de manterse na mesma postura sobre a reforma, cambiaban segundo lle conviña. Que credibilidade che poden dar cando nin se poñen de acordo cos do seu mesmo partido? Estes días Antón Louro di que as obras van empezar sen antes presentar o proxecto e eles saen dicindo que que descoñecían tales prazos e que non vai ser así. |
8. Enviado por: Eduardo, 2008-08-15 09:45:20 PDT
Hola de novo. Supoño administrador, que comprenderías que o que quería decir era o "comezo" das obras, pero se non foi así explícocho agora.
Respecto a ese "misterioso" militante que é como que ti lle chamas non tería ningún problema en dicir o seu nome xa que mais de catro saben que é así o que estou dicindo e non o invento, pero por respeto a él non escribo o seu nome. Non me parece unha postura lóxica a de este misterioso militante, xa que se forma parte da asociación de veciños e son os que organizan as manifestacions para que se arranxe a carretera, despois diga nos bares que non quere que se faga porque lle leva o muro. E en resposta a Estelb que fixo o comentario número 3, dígolle que as asociacions de veciños están formados na sua maioría por militantes do bloque, e sí que é unha pena que só sean eles os que nos representen os vecíños, pero tamen será porque é no único que poden; pero a pesar de este último comentario, sería de agradecerlle o traballo que están levando a cabo estes meses se as asociacions fixeran as manifestacións sen intereses e tintes políticos, e isto digoo a sabendas de que nos cartaces as críticas van po PSOE non po PP. |
7. Enviado por: Administrador, 2008-08-15 14:21:02 PDT
Amigo Eduardo, antes de nada, grazas polo teu comentario e a continuación fareiche algunhas puntualizacións. Primeiro, as obras non se interrumpiron porque nunca comenzaron. Segundo, non houbo nengunha reunión dos partidos polìticos para ver o proxecto reformado porque levamos esperando dous anos anos a que no lo mostren. Polo tanto o das beirarrúas e todo conto chino. Terceiro, efectivamente estabamos desconformes co proxecto que estaba previsto, pero o certo é que o único que convencía esta reforma era ó Psoe que enseguida se decatou de que eran os únicos nesa postura e cambiarona rápidamente. Para rematar, o misterioso militante do bloque que non quere a reforma da estrada porque lle tiran o muro... No caso de ser certo é unha postura persoal perfectamente lexítima, pero a postura do BNG como partido está perfectamente definida dende o ano 1998, cando fomos os primeiros en esixir unha reforma.
De novo, grazas polo comentario, e agardamos que sigas opinando. Saúdos. |
6. Enviado por: eduardo, 2008-08-14 12:21:02 PDT
Boas a tod@s. Hoxe entereime que non fai moito se fixera unha reunión dos tres partidos políticos no que se falara sobre o renovado proxecto da N-554. Parece ser que a disputa, esta vez, produciuse porque os do Bloque querían beirarúas por toda a nacional e o proxecto plantexaba facelas só polos nucleos urbáns de mais afluencia. E por este motivo, esta vez, se volveron a interrumpir as obras. Gustaríame que me responderades a si esto é así ou non.
O unico que pido é que por favor, tratade de axilizar as obras e chegade a un acordo. Nunca chove a gusto de todos,e sempre existirá alguén disconforme,que case sempre sodes vós, pero despois de moito tempo, é horas de empecen a arranxala.
Por último, respecto o tema que tratou Julia, eu antes de onte, presenciei unha discusión entre duas persoas, un de eles, militante do bloque, no que mostraba abertamente a sua preferencia porque non se arranxara a nacional xa que o proxecto tiráballe o muro da casa.
Eu ainda que son simpatizante do PP, agradezovos os do Bloque que por fin se fixera unha paxina web sobre a política de Vilaboa. |
5. Enviado por: axel_rose, 2008-08-13 13:29:15 PDT
Javier, homiño, deberías enterarte un pouco de que vai a movida antes de falar. A plataforma non está en contra da reforma da carretera, está en contra de como se pretendía facela. Seguramente si se fixera como pretendía Fomento e o Psoe ao principio, ti terías dificultades para acceder ao teu barrio dende a nacional. E o das berirarrúas haberá que esixirlle ao Psoe o proxecto para saber onde van.
Saúdos amigos e noraboa pola páxina. |
4. Enviado por: Javier, 2008-08-13 01:56:30 PDT
Buenos días a todos los miembros del bng.
Yo estoy de acuerdo con la mayoria de lo que os comenta Julia con respecto a este tema.
Lo que no entiendo, es que parte por no decir la mayoría de los mienbros de la plataforma que estaban en contra de la realización de las obras, en la actualidad se manifiestan para que se realicen las obras.
Por ello hay gente, entre ellos me incluyo que no asiste a ellas, proque no saben ni para que son las manifestaciones. Yo no se si son para que se hagan las obras con aceras a uno de los lados y arcén al otro o para que se realice un asfaltoda de la carretera tal como esta.
Yo tambien gigo que había miembros del bng que estaban en contra de la realización de las obras, no se si era slol por estar en contra del PSOE por temas de política, por no estar gobernando con ellos. |
3. Enviado por: Estelb, 2008-08-12 14:48:00 PDT
Sempre a mesma historia...
Aqui os que poñen os carteis, os que organizan as manifestacións...
SON OS DA PLATAFORMA E AS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS!!!
E se mal non recordo, esa plataforma e asociacións están formadas por xente de TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS... e no caso de non ser así, que triste sería para este concello que só se preocupan os do BNG.. un só grupo político...que triste! |
2. Enviado por: Administrador , 2008-08-12 20:31:00
Boas tardes amiga usuaria. En primeiro lugar agradecerlle as felicitacións e animala a seguir colaborando cos seus comentarios.
Respecto das acusacións que nos fai de pretender ser os salvadores do pobo enganando á xente, decirlle que a nosa postura respecto da reforma de estrada está negro sobre blanco no boletín que editamos no ano 2006 e dende entón mantemos esa postura. Polo tanto o que se deixa enganar é porque quere. Por outra banda pregúntanos se deixaríamos colocar os cartaces poñéndonos no lugar da concelleira socialista. En primeiro lugar informarlle que os cartaces foron colocados polos membros da plataforma, non polo BNG, pero en todo caso faríamos o mesmo que co seu comentario que por suposto imos publicar, xa que a crítica é parte inseparable da actividade política. Se non queres que te critiquen non te presentas, xa que a actividade política non é obrigatoria senón que é algo voluntario. Para rematar infórmanos de que supostos militantes nacionalistas non querían que se arranxara... Descoñecemos tales accións pero repítolle que as nosas alegacións e a postura política témola por escrito e nesta web pode lela.
Espero que esta breve resposta lle aclare as dúbidas que poida ter sobre a nosa acción política e estamos a súa disposición para calquera outra cousa. Desexamos seguir contando coas súas opinións. Reciba un saúdo nacionalista. |
1. Enviado por: Julia_Cobres, 2008-08-12 07:31:11 PDT
Boas tardes a todos os do bloque e felicitovos pola vosa paxina web, xa que está moi elaborada e traballada.
Os meus comentarios van referidos a polémica suscitada polo arranxo da N-554. Penso que despois de ver o video que presentástedes aqui do último pleno, foi acertada a vosa peticion para axudar a plataforma, pero igual de acertadas foron as respostas que vos deron tanto o PSOE como o PP. Se a plataforma necesita axuda, ten que ser ela e ninguén mais que ela, quen vaia pedir axuda económica o concello. Nin o Psoe nin o PP nas declaracions que fixeron no pleno negaron en ningun momento prestarlle tal axuda; e vos tampouco podedes pretender enganar a xente e facéndolle creer que sodes os salvadores do pobo, porque en todas as manifestacions que se fixeron ata agora os representantes do PP estiveron presentes, e en algunhas os do Psoe.
Por outra banda, poñéndome no sitio de Maria Canosa, eu tampouco, nin vós mesmos se estiverades no seu lugar, deixariades colocar as pancartas diante da vosa casa,¿porqué?, por que tedes que recoñocer que moitas desas pancartas que puxéstedes fan referencias e críticas o Psoe. Non sexades cínicos e non digades que a vosa colaboración nas manifestacións débese única e exclusivamente a motivos políticos, pois esa mesma muller Maria Canosa, tamen ten dereito por motivos políticos a non deixarvos poñer os carteis onde deixades quedar mal ó seu partido. Ou é que vos olvidastes que o principio moitos e moitas dos vosos militantes estaban en contra do arranxo desta mesma nacional? Andaban todo o dia a protestar e a decir polo pobo adiante que non querian que se arranxara a estrada porque como todos ben sabemos en algúns casos leva leiras ou vivendas, debido a que para que se poida converter en unha boa nacional, con beirarúas, pasos de peóns, rotondas... hai que habilitar espacios para podela levar a cabo.
Espero a vosa resposta nesta mesma páxina. |

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|