voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

"ASPIRAMOS A SER A FORZA MÁIS VOTADA NO NOSO CONCELLO" DIXO A NOSA VOCEIRA ORNELA SALGADO

O BNG de Vilaboa planifica unha campaña electoral de contacto coa xente

Nesta campaña aumentarase o uso das novas tecnoloxías da información  sobre anteriores.

(infobloque-vilaboa.com 28/12/08) O BNG comezou a planificar a campaña electoral para as vindeiras eleccións galegas do 1 de marzo. Elixíronse os membros do comité de campaña e fíxose un deseño inicial de actos para presentar ao comité electoral comarcal. Vanse aumentar o número de actos públicos e o número de persoas implicadas na súa organización.

O Comité Local de Campaña acordou tamén que estrutura dos actos que será a seguinte: presentación audiovisual sobre a xestión realizada e obxectivos futuros, intervención dun militante da parroquia, intervención da portavoz municipal e intervención dun candidato. Os actos durarán en torno a unha hora e tratarán de evitar as data máis sinaladas do Entroido, co que en parte coincide a campaña.

O BNG parte con moi boas expectativas nestas eleccións. Para Ornela Fernández, a nosa portavoz, o BNG “ten moitas fortalezas nas que incidir na campaña: unha acción de goberno das nosas consellerías ao servizo da xente do país, que colocou ás nosas conselleiras e conselleiros coma os máis valorados; Anxo Quintana, que, a medida que vaia avanzando a campaña, vai ser percibido como o mellor candidato para presidir a Xunta; e, a nivel local, unha organización preparada e motivada para acadarmos ser a forza máis votada”.

Esta análise da situación fai que Ornela Fernández vexa con optimismo o futuro de Vilaboa. “A partir destas eleccións vai quedar claro que Vilaboa se quere sumar ao cambio galego que protagoniza o BNG. Os nosos veciños e veciñas queren aproveitar ás oportunidades que lle ofreceu ao noso concello a Xunta de Galiza e participar no proxecto común de país e diso terá que tomar nota o goberno local e cambiar a apatía e a parálise en traballo e un goberno estábel con ideas claras”, afirmou a nosa portavoz.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (5)

Enviado por: alarican, 2008-12-30 02:00:37 PST

5.  Xa destes coa clave do asunto: fagamos que Galiza sexa un Allariz en grande. Bo ano para tod@s!

Enviado por: M.A., 2008-12-29 06:00:17 PST

4.  O malo que pa Quintana Galiza non e mais de Allariz todo carrexa pra la..

Enviado por: cintieira, 2008-12-29 04:09:30 PST

3.  Coincido con Garibaldi no optimismo pero tamén é certo que ter aspiracións e convencemento de gañar é o primeiro paso para ter uns bos resultados. Penso que o tendes difícil pero de todas maneiras, ANIMOS!Se gañades vos, ganamos todos...

Enviado por: giuseppe, 2008-12-29 03:37:34 PST

2.  O partido levámolo xogando catro anos e o BNG foi o único que demostrou estar centrado no mesmo, porque os outros só pensan en Madrid, o bloque fixo moi bo traballo, ten o mellor candidato, o mellor equipo e a mellor táctica, seguidelle chamando optimismo ao realismo.

Enviado por: garibaldi, 2008-12-28 10:15:23 PST

1.  Un pouco optimistas de máis me parecedes. En fin, imos xogar o partido.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos