voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O BNG ENTREGOU HOXE NO CONCELLO UN CENTO DE SINATURAS DE VECIÑOS AFECTADOS EN CONTRA DA ORDE

A ministra de Defensa responde a deputada do BNG que non modificará a Orde pola que se establece o perímetro de seguridade da Brilat



(infobloque-vilaboa.com 29/10/08) A minista de Defensa Carme Chacón ven de afirmar na sesión de control ao goberno hai escasas horas que o perímetro de seguridade da Brilat non se modificará dado o carácter estratéxico da instalación militar.

A resposta produciuse a unha interpelación da deputada nacionalista Olaia F. Davila na que se solicitaba a reducción da franxa de seguridade dado que a instalación militar está dentro dun núcleo de poboación e as afeccións complicarán notablemente os trámites administrativos dos veciños á hora de solicitar licencias de construcción, realizar tarefas agrícolas e gandeiras, etc.

A ministra respoudelle a deputada nacionalista que o Ministerio xa notificara aos concellos afectados no ano 2004, ente eles o de Vilaboa, a creación desta Orde solicitándolle un informe urbanístico sen que lle fose notificada nengunha alegación. Tamén se mostrou aberta a abrir un diálogo tanto con BNG como cos concellos afectados para darlle unha solución máis acaída. No pleno municipal que se celebra hoxe no Concello de Vilaboa, Ornela F. Salgada preguntará ao alcalde se efectivamente se produciu esa notificación e cal foi a resposta do goberno entonces.


Por outra banda o BNG de Vilaboa recolleu 100 sinaturas que solicitan a retirada da orde do Ministerio de Defensa polo que se establece a zona de seguridade da base “General Morillo” de Figueirido. O BNG recolleu as sinaturas en Postemirón, Croas e Sabaxáns, barrios que teñen casas dentro da área de afección.

A portavoz do BNG en Vilaboa, Ornela Fernández Salgado, valorou moi positivamente a resposta dada polos veciños e veciñas. “A nosa iniciativa tivo unha extraordinaria acollida. Houbo asinantes que avisaron a todos os membros da súa familia e amigos para que a apoiasen tamén”.

O BNG organizou o sábado 18 de outubro unha asemblea informativa en Postemirón cos afectados e posteriormente colgou na súa web (www.infobloque-vilaboa.com) os planos coa afección no municipio de Vilaboa. En concreto, a páxina dobrou os seus accesos e máis de cen persoas descargaron a planimetría ofrecida. O grupo municipal tamén presentou unha moción que será debatida hoxe no Pleno do concello. Posteriormente, trasladou ao grupo parlamentar no Congreso dos Deputados a situación creada para que presentase as iniciativas parlamentarias axeitadas para que o Ministerio de Defensa dese conta das decisións tomadas.

Ornela Fernández expresou o seu desexo de que estas accións teñan como resultado a modificación substancial da orde do Ministerio de Defensa. "As casas, construcións e predios incluídos no núcleo rural deben ser retiradas do perímetro de seguridade da Brilat" dixo a nosa portavoz.

TRANSCRIPICIÓN DO DEBATE ENTRE A MINISTRA DE DEFENSA E A DEPUTADA NACIONALISTA OLAIA F. DAVILA

NOTICIAS RELACIONADAS

(15/09/08) A ministra socialista de Defensa ampárase nunha lei franquista para afectar máis de 200 hectáreas das parroquias de Vilaboa e Figueirido ó redor do cuartel de Figueirido

comentarios recibidos (5)

Enviado por: Chicamona, 2008-10-31 12:27:41 PDT

5. Barreniñas:
Es encantador e entrañable ripitindo coma un loriño o que din os do PP. Anxo Quintana ten no seu coche oficial unha neveira portátil para ter auga fresca desas que todos temos para levar cando imos comer á praia ou ao monte e que custou 50 euros.
Pretender que creamos que Quintana está na política polo luxo ou o coche oficial é descoñecer a súa traxectoria desde a base do nacionalismo galego e como alcalde de Allariz. Admiro o seu traballo honesto e humilde en favor desta vella nación.
Mal que lles pese aos que renegan da súa estirpe e exercen de pequenos Goebbels con aquilo de que unha mentira repetida mil veces é igual a unha verdade.
Saúdos

Enviado por: Cachamuiña, 2008-10-30 15:51:43 PDT

4. mira que "barrenas" caeme simpático.
di: "tibemos a sarten polo mango para solucionar o da n-554 e o da brilat".
mira ti .- Qué carallo solucionaches?
podome confundir pero Olaia Fez. foi a primeira diputada que preguntou polo do perímetro da Brilat. e perdo a conta das preguntas que xa ten feito ela, ou Guillerme Vazquez sobre a N-554.
ou houbo algún outro ou outra que preguntara?. non sei, preguntou Louro ou a Pastor?.

o da N-554 tamén trae cola. se non me confundo as primeiras manifestacións e concentracións comezaron vai para 10 anos. e presentan o proxecto agora.
e mira ti. os do PP apúranse agora a abrir o seu local para que os veciños consultemos como queda. pero mentras governou Aznar a estrada estaba de marabilla e non precisaba arranxos.
- de cara pareceme unha boa idea. Pero que usen sempre o mesmo procedemento. porque estes ata o de agora procuraban facer todo ás agachadas. Se cambian realmente de forma de facer política felicitareinos ainda que estou nas súas antípodas. Pero polo menos parece que cambiaron de actitude. por canto tempo?

Os que non cambian son os do Psoe. cada vez máis arrogantes. pero claro Luis xa o dixo ó pouco de ser alcalde. - non vou facer nada que poña contra os veciños. o malo disto e que por se acaso tampouco non fai nada para poñerse xunto ós veciños.
e é que gobernar tamén é iso. tomar decisións ainda que non contentes a todo o mundo. se tomará decisións e as defendera publicamente poderianche gustar ou non, pero saberias a que aterte. Pero con Luisiño nunca sabes.

Enviado por: barrenas, 2008-10-30 05:10:09 PDT

3.  Ai Chica Mona, outra vaca no millo sempre co discurso facil se criticas es do pp,asi nos luce o pelo.
Tibemos a sarten polo mango pra solucionar o trazado da 554 e a franja de seguridade da brilat,pero a eses dous que ti dis parece non interesarlles,quizais e digo solo quizais e mais interesante traer cartos pra gastar en coches oficiais de luxo con minibares.un INDEPEMDIENTE

Enviado por: Chica mona, 2008-10-30 02:46:52 PDT

2. Ladran os do PP? Logo cabalgamos, irmáns galegos. Pouco lle queren á Terra os que critican que veñan máis de 20.000 millóns de pesetas para investimentos aquí grazas á acción de 2 deputados (dous!). Eles andan noutras cousas moi importantes para o madrileñismo militante como o aeroporto de Baraxas ou a M-40. Nós ao noso e a dicirllo á xente.

Enviado por: barrenas, 2008-10-29 11:44:31 PDT

1. E nos como premio damoslle o noso voto pos orzamentos.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos